Contacto | Tel.:986 88 03 00

O Concello desinfecta os parques infantís de cara á súa reapertura esta fin de semana

Os nenos e nenas de Marín poderán xogar de novo nos parques infantís municipais. Así o anunciou o Concelllo, que indicou que desde o martes desta semana estanse a realizar desinfeccións en todas as áreas recreativas, de cara á súa nova posta en funcionamento.
A Policía Local desprecintará aquelas áreas que foran limpadas, dado que se seguirá con ese batallón de desinfeccións paulatinamente, e colocará carteis informativos nos que, con iconografía clara e sinxela, se entenda a necesidade de manter en todo momento as medidas de hixiene e seguridade recomendadas.
Tal e como xa se ven pregando noutros espazos públicos, o Concello apela á responsabilidade individual e ao comportamento cívico para gozar de novo dos espazos para os cativos con sentidiño, sen relaxar as medidas de prevención de contaxios.

Canchas ao aire libre e asadores do Lago
Tamén desde hai dúas semanas procedeuse á reapertura das canchas deportivas municipais ao aire libre, así como a posta de novo en marcha dos asadores no Lago de Castiñeiras.
En todos estes casos, o Concello colocou carteis con mensaxes informativos e de concienciación, para que o proceso de desescalada sexa respectado, recuperando pouco a pouco o dominio do espazo público pero sen perder de vista extraordinaria situación que estamos a vivir.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies