Contacto | Tel.:986 88 03 00

O Concello habilitará un sistema de vídeo actas que permitirá a retransmisión dos Plenos vía streaming

O Concello de Marín atópase inmerso nun proceso de dixitalización da administración, co obxecto de mellorar a eficiencia e a calidade dos servizos prestados á cidadanía. Este transformación enmárcase na EDUSI Marín 2020, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea.

Esta EDUSI acolle como un dos seus obxectivos a mellora do uso e da calidade das tecnoloxías da información e da comunicación, facilitando o acceso ás mesmas, tal e como se fixo coa medición dos aforos das praias de Marín durante o verán ou como se está a traballar no marco da estratexia de Smart Mobility, que ofrecerá información en tempo real sobre estacionamento e transporte público.

A estas actuacións súmanse todas as accións que se están a desenvolver precisamente para a administración electrónica de Marín teña cada vez procedementos administrativos máis sinxelos, achegando a burocracia local á cidadanía con transparencia, afianzando a cogobernanza.

Así, o Concello anunciou esta mañá que se iniciou a contratación dunha plataforma software para a gravación e xeración de vídeo actas dixitais, que permitirá a posibilidade de retransmitir en streaming as distintas sesións, así como gravar e catalogar automaticamente toda a información xerada nas reunións de maneira audiovisual.

Este proxecto, que xa se incluía na formulación orixinal da EDUSI Marín, gaña aínda máis protagonismo é relevancia nestes momentos, no contexto da crise sanitaria da pandemia Covid19, no que é imprescindible contar con ferramentas dixitais que permitan superar os impedimentos que supón o cumprimento das medidas de prevención e hixiene.

Co sistema de vídeo actas conséguese tamén elaborar de xeito case instantáneo as actas dos plenos, combinando a gravación do vídeo do propio Pleno municipal cun documento electrónico que contén a orde do día e que permite, así, segmentar despois seguindo os puntos.

Estas vídeo actas arquivaranse no servidor do Concello cunha copia de seguridade que permanecerá na Secretaría municipal e tamén estarán a disposición da cidadanía para a súa consulta a través da páxina web ou doutras canles de comunicación oficiais do Concello.

Esta proposta de contratación será abordada no Pleno desta semana, que se celebrará o xoves ás 20.30 horas no Concello, cumprindo escrupulosamente coas medidas sanitarias de prevención e hixiene

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies