O Concello inspecciona o correcto cumprimento das normas nas terrazas dos locais de hostalaría da vila

O Concello inspecciona o correcto cumprimento das normas nas terrazas dos locais de hostalaría da vila

Os equipos técnicos do Concello de Marín, en compañía da Policía Local, comezaron esta mañá a inspección das terrazas dos locais de hostalaría na vila, para garantir o correcto cumprimento das medidas esixidas pola Covid19 para que a actividade hostaleira poida desenvolverse de xeito seguro, tanto para o persoal traballador como para a clientela.

O Concello lembra que as mesas deben estar separadas entre si cumprindo cos protocolos actualmente vixentes e advirte de que aqueles hostaleiros que coloquen máis mesas das que teñen autorizadas pode supoñer a interposición dunha multa.

“Cando tramitamos as ampliacións de terrazas, un proceso no que se contou en todo momento cos técnicos municipais e que supuxo un importante traballo, repartíronse entre os hostaleiros uns adhesivos para recoñecer as mesas autorizadas, tanto as que xa tiñan do ano pasado como as que puideron poñer de xeito extra”, asegurou esta mañá a concelleira Marián Sanmartín, “polo que é necesario que as teñan ben identificadas”.

Desde un primeiro momento, o obxectivo “foi colaborar en todo momento coa ampliación das terrazas, pero agora debemos ser igual de esixentes no cumprimento das medidas que se teñen que tomar nesta cuestión. É unha demanda da cidadanía e por iso faremos estas inspeccións para que se cumpra”.

Ademais, nas inspeccións comprobaranse tamén outras cuestións relativas á ordenanza que regula a instalacións de veladores no Concello, como a prohibición de usar mesas e cadeiras con publicidade de marcas.

Anterior O Concello de Marín da a coñecer os protocolos de uso dos locais municipais

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados