Contacto | Tel.:986 88 03 00

O Concello plantexa un proxecto de reforma integral na zona de Pedreiras

26 febreiro 2021

O Concello de Marín traballa para que todo o termo municipal teña uns servizos de calidade para o goce da veciñanza. O rural de Marín é un espazo vivo, no que vive unha importante parte da nosa poboación e onde se están a realizar grandes inversións para a mellora dos espazos urbanos.

O próximo gran proxecto no que está a traballar o Goberno local será na zona de Pedreiras, onde se procederá a realizar unha reforma integral, rehumanizando diversas rúas e renovando todos os servizos nas rúas de Pedreiras de Arriba, Pedreiras de Abaixo, Pedreiras do Medio e Camiños da Fonte de Pedreiras.

Dadas as características do ámbito de actuación, tanto pola súa extensión, de 3.000 metros cadrados de intervención na vía pública, como pola súa ubicación unha orografía singular, o proxecto global dividirase en catro fases, que se establecerán do seguinte xeito:

  • Fase 1: Rúa de Pedreiras de Arriba (aprox. 700 metros cadrados), cunha inversión de 202.464,89 euros
  • Fase 2: Rúa de Pedreiras do Medio (aprox. 900 metros cadrados), cunha inversión de 265.504,38 euros
  • Fase 3: Rúa de Pedreiras de Abaixo (aprox. 800 metros cadrados), cunha inversión de 237.695,55 euros
  • Fase 4: Lavadoiro e Camiños da Fonte de Pedreiras (aprox. 500 metros cadrados), cunha inversión de 141.296,70 euros

En total, realizarase una inversión total de 842.961,52 euros.

Neste momento, iniciarase a tramitar a primeira fase. Procederase á sustitución de todo o pavimento e a renovación, tal e como se dixo antes, dos servizos da vía.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies