O Concello prepara o novo calendario de desbroces dos camiños do rural

17 marzo 2021

Mapa Desbroces

No mes de abril, coincidindo co inicio da primavera o Concello de Marín iniciará a campaña de limpeza e roza dos viarios do rural. Así o anunciaron os concelleiros de Medio Ambiente e de Medio Rural, Marián Sanmartín e Pablo Novas, que mantiveron una reunión cos representates da Fundación Juan XXIII.

Para a realización destes traballos o Concello contará cunha brigada de rozas a pé da entidade social, que realizará os labores nos camiños e viarios de paso estreito aos cales non se pode acceder co tractor desbrozador do Concello.

A planificación dos traballos responderá a criterios de necesidade, considerando o calendario festivo da localidade, a tempada alta de praias e a prevención de incendios. Co fin de facilitar a comprensión do calendario de intervencións o Concello porá a disposición esta  información na súa páxina web cando estea elaborada.

Con todo, a través da prensa irase dando información puntual do avance dos traballos.

Ademais dos traballos de roza manual e dos traballos co tractor municipal, o Concello contrata os traballos de roza mecánica en todos os viarios de titularidade municipal, debido ao crecemento rápido da vexetación na época primaveral e para garantir a seguridade viaria.

Esta liña de traballo facilita o contacto das persoas con discapacidade coa veciñanza de Marín e axuda a mostrar “porta a porta” as capacidades deste colectivo de poboación.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies