O Concello presenta as medidas económicas incluídas no seu Plan de Reactivación Local

O Concello presenta as medidas económicas incluídas no seu Plan de Reactivación Local

A situación epidemiolóxica do COVID19 golpeará de xeito importante á economía local dos municipios, que están a experimentar unha importante caída da súa actividade nestas últimas semanas.

Así, o Concello está a traballar intensamente nun Plan de Reactivación Local, co que abordar as liñas estratéxicas da recuperación económica no municipio, mitigando en todo o posible as consecuencias económicas da pandemia global que estamos a padecer.

Esas liñas estratéxicas son catro: económica, social, de emprego e do comercio e a hostalaría, englobando así a todo o tecido empresarial que xenera riqueza e emprego na nosa vila.

 

Medidas económicas

Concretamente, o Concello informou hoxe de cales serán as medidas económicas que se adoptarán para axudar o máximo posible ao comercio e aos locais de hostalaría da localidade.

Estas medidas están orientadas “a tratar de facilitar a situación que están a atravesar os comerciantes e a restauración, que entendemos que afrontan momentos moi duros onde a súa capacidade financeira vai estar mermada, polo que precisan de axudas concretas no pago de taxas e impostos”, declarou esta mañá o concelleiro de Facenda, Manuel Santos.

Deste xeito, articuláronse novos prazos e diversas exencións relativas aos principais tributos que asumen os establecementos comerciais e de restauración:

  • Imposto sobre Vehículos de Tracción Mécánica e Taxa por Vado Permanente. O Concello ampliará 3 meses o prazo para o novo pago voluntario do imposto.
  • Taxa polo Servizo de Recollida de Lixo:
    • O Concello anuncia que non se cobrará a parte proporcional desta taxa a aqueles comercios que non pudieron abrir durante o Estado de Alarma.
    • O trimestre emitirase un mes despois do levantamento do Estado de Alarma
  • Taxa por Ocupación da Vía Pública na Venta Ambulante
    • Devolveranse aqueles importes pagados durante o Estado de Alarma aos que teñen postos no Mercadillo de Marín.
  • Taxa por ocupación da vía pública de mesas e sillas
    • Devolveranse todas as taxas pagadas durante o Estado de Alarma
    • Haberá unha exención total do pago das terrazas durante o período 2020-2021
  • Taxa por Servicio de Mercado
    • Devolveranse aquelas taxas pagadas durante o Estado de Alarma
    • Quedará conxelada a emisión de novas taxas namentres siga en vigor o Estado de Alarma
  • Concesións do Concello. Nestes casos (como pode ser o Quiosco de Briz, o bar de Portocelo, a piscina municipal, os albergues de Cadro e o Ecoparque), devolveranse os importes cobrados ás empresas concesionarias.

De xeito xenérico, afectando a todos estes impostos, haberá unha ampliación dos períodos de pago en voluntaria ao máximo permitido por lei. É dicir, pasará de ser de 2 meses, como é habitual, a 4 ou 6 meses.

Por outra banda, o Concello estudará a posibilidade de fragmentar o pago das taxas e dos impostos ao máximo permitido sen cobro de xuros.

 

Medidas de dinamización

De xeito paralelo ás medidas económicas, o Concello leva traballando intensamente no deseño dunha forte campaña de dinamización comercial, centrada en aumentar a visibilidade do comercio no mundo online e tratando de poñer as bases para o progreso na dixitalización da economía local.

Esta campaña, que será presentada nos próximos días, pretende ser “un impulso para o noso tecido local”, declarou a concelleira de Comercio e Turismo, Cristina Acuña. “Queremos que os marinenses aposten polo seu comercio, que apoie aos establecementos da súa vila, que precisan máis que nunca da nosa axuda e da fidelidade da súa clientela habitual”. Por iso, estase a traballar en diversas campañas “que dinamicen o consumo local” e que serán presentadas nun curto prazo de tempo.

 

Anterior Repartidas 6.000 mascarillas entre as farmacias da localidade grazas á campaña de voluntariado

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados