Contacto | Tel.:986 88 03 00

O Concello recibe un reforzo de material de protección por parte da Xunta de Galicia

A dotación de material de prevención é básica a nivel municipal para poder seguir loitando contra a propagación do Covid19. Esta mañá, o Concello de Marín recibiu por parte da Xunta de Galicia un reforzo de material de protección, que recepcionou a alcaldesa, María Ramallo.

Os packs de axuda da Xunta que chegaron á vila marinense están compostos por guantes, mascarillas e EPIs. “Fundamentalmente, no noso caso é material pensado para a prevención de contaxios”, explicou a alcaldesa, que detallou tamén que estas unidades serán repartidas entre os axentes da Policía Local e os funcionarios públicos que manteñen a súa actividade dentro dos servizos mínimos: limpeza, Protección Civil…

No que respecta ao Centro de Saúde, a alcaldesa aclarou que “están totalmente dotados deste tipo de materiais, aínda que estamos en contacto para saber se nalgún momento precisan máis”. Do mesmo xeito, as empresas que traballan en axuda a domicilio tamén están servidas destes packs, “polo que quedamos á espera de que nos avisen no caso de necesitar máis unidades”.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies