O Concello rehabilita un tramo do saneamento no lugar de Caños de Moledo

O Concello rehabilita un tramo do saneamento no lugar de Caños de Moledo

O Concello de Marín está acometendo unha reparación dunha avaría no lugar de Caños de Moledo, en Ardán, utilizando unha tecnoloxía punteira para a realización deste tipo de traballos.

A empresa Canalis, encargada de arranxar a avaría no saneamento, realizou unha inspección visual cun equipo robotizado, que permitiu acceder a toda esta zona de difícil acceso. Ademais, levarase a cabo unha limpeza e desatasco dos residuos que poidan aparecer na rede, por medio dun camión hidrodinámico de alta presión.

Para rehabilitar o colector danado, utilizarase unha técnica de encamisado, que utiliza un material a base de fibra de vidro e redes de poliéster.

O orzamento da actuación ascende a cerca de 12.379 euros.

Anterior Queres comer algo e apoiar á túa Hostalaría?

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados