Contacto | Tel.:986 88 03 00

O Concello reuniuse con representantes das direccións e das Ampas dos centros educativos de Infantil e Primaria para afrontar conxuntamente o inicio de curso

O inicio do curso escolar é unha das cuestións que máis preocupa nestes momentos ás familias, alumnado e equipos directivos, pola necesidade de que este arranque se realice de xeito seguro no contexto da situación sanitaria que vivimos pola pandemia da Covid19.

Conscientes desta preocupación e co obxectivo de poder coñecer de primeira man as dúbidas e de expoñer as medidas que se tomarán por parte do Concello, a alcaldesa, María Ramallo e a concelleira de Educación, Marián Sanmartín, mantiveron, durante estes últimos quince días, reunións, centro a centro, con representantes das directivas e das Ampas co obxectivo de trazar as medidas que se establecerán de cara á reapertura das aulas.

Estas son algunhas das cuestións abordadas nestes encontros:

1.- Protocolo reforzado de limpeza e desinfección

Concello e centros acordaron que se ampliará o horario da empresa concesionaria destesservizos nos centros durante a mañá, en función das necesidades, tendo en conta as dimensións e o número de alumnado de cada centro.

Deste xeito, realizaranse tres limpezas e desinfeccións ao día nos aseos e reforzaranse as limpezas e desinfeccións das zonas comúns.

2.- Reforzo do persoal de conserxería e de limpeza

Aqueles centros que non teñan este servizo contarán con persoal de conserxería ou de limpeza para garantir a súa presenza durante toda a xornada lectiva.

3.- Reforzo de entradas e saídas xunto coa Policía Local

O Concello establecerá un dispositivo de control específico especialmente para os primeiros días de arranque do curso para que se garanta que as entradas e saídas do alumnado dos centros, poida facerse con todas as garantías posibles.

Tanto a alcaldesa como a concelleira de Educación quixeron agradecer profundamente a todos os equipos directivos e ás Ampas todo o traballo e a dedicación que levan investido nestas últimas semanas para que o inicio de curso na nosa vila conte con todos os protocolos activos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies