O Concello seguirá traballando en dotar de aparcadoiros disuasorios á veciñanza

14 xaneiro 2021

A xestión do espazo urbano para coagregar todos os intereses da cidadanía é unha das cuestións que máis importa ao Goberno local, para poder así facer da nosa vila un espazo cunha mobilidade urbana adecuada, sostible e integrada.

Marín leva traballando neste obxectivo desde hai anos, seguindo una clara folla de ruta coa que ir conseguindo cada vez un espazo urbano mellor repartido. Neste eido, o estacionamento xoga un importante papel e por iso o Goberno local prioriza no seu labor diario a dotación de novos espazos para este fin.

Neste sentido, os aparcadoiros disuasorios son unha importante ferramenta. Neste momento, hai 11 zonas de estacionamento disuasorio na contorna do centro urbano, cunha capacidade de máos de 600 prazas.

Pero tal e como expresa a alcaldesa, María Ramallo, seguirase traballando para seguir conseguindo este tipo de espazos. “Estamos abertos a seguir mellorando o estacionamento da nosa vila, tanto se xorde unha oportundidade para o aluguer dunha parcela como se se chega a un acordo de cesión cun particular que ten o seu terreo sen utilizar”.

Ramallo enfatizou que a creación destes espazos foi un importante traballo “de xestión e de localización de propietarios e de parcelas que podían cumprir os requisitos” no que estiveron embarcadas diversas concellarías do Goberno local, desde Medio Ambiente ata Urbanismo, pasando por Tráfico e Rural, “porque é un traballo arduo, pero que consideramos importante facer para poder mellorar a calidade de vida e os servizos da nosa veciñanza”.

Dentro deste esforzo de xestión, inclúese a recente rúbrica dun convenio co INVIED para poder habilitar como espazos de estacionamento tres novas parcelas na Barriada da Virxe do Carme.

Por outra banda, o Concello anuncia que está a preparar nova sinalización e un proxecto para mellorar a indicación destes aparcadoiros, para que a cidadanía teña localizadas todos estes espazos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies