O Concello solicitará a súa adhesión ao Fondo de Financiamento para as entidades locais

O Concello solicitará a súa adhesión ao Fondo de Financiamento para as entidades locais

A Comisión de Urbanismo e Facenda celebrada esta mañá abordou a solicitude que está a tramitar o Concello de adhesión ao Fondo de Financiamento para as entidades locais, dependente do Ministerio de Facenda, e cuxo prazo remata o próximo 15 de setembro.

Esta adhesión servirá para financiar por parte do Concello a cantidade relativa á  revisión de prezos do contrato entre os anos 2008 e 2015 coa antiga concesionaria do servizo de recollida de lixo, Urbaser.

Neses anos, os servizos xurídicos e técnicos municipais e a empresa non chegaron a acordos respecto ás revisións dos prezos do contrato polo que a causa foi elevada á autoridade xudicial, neste caso o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A sentenza firme ditaminada por este tribunal confirma o pago destas actualizacións.

Aínda que a cantidade total que suma todos estes exercicios está pendente de determinar polo xulgado, dacordo cos informes de Intervención que manexa o Goberno local rondaríanse os 2.500.000 euros.

Esta tramitación xudicial non é nova nin descoñecida para o Concello de Marín, xa que xa se realizou un primeiro pago á empresa no 2011, no que se aboaron as revisións de prezos desde o 2004 ao 2007.

Desde aquela data, a empresa foi reclamando os pagos por este mesmo concepto correspondentes aos resto de anos que durou o contrato, que, como se indicaba antes, rematou en 2017.

Segundo explicou o Goberno local na Comisión, o obxectivo de adherirse a este Fondo de Financiamento é poder fraccionar este pago agora pendente sen afectar á saúde económica municipal.

O Goberno local presentará un plan de axuste que debe acompañar á solicitude de adhesión ao Fondo, para a súa aprobación definitiva polo Pleno.

Anterior A piques de rematar as obras de creación dun novo acceso peonil ao Cemiterio da Raña e de mellora do muro

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados