Contacto | Tel.:986 88 03 00

O Concello traballa na conmemoración dun 8M baixo o paraugas da unidade

O Concello de Marín e o CIM seguen traballando na organización do 8M, unha data que na vila
marinense estará dedicada á muller e o coidado, en torno ás que se organizarán diversas
actividades. O obxectivo é que a conmemoración deste día tan relevante para a sociedade se
faga baixo un paraguas de unidade e loita conxunta.

O obxectivo deste ano é o de reivindicar os coidados desde diversos puntos de vista: dentro do
ámbito familiar, especialmente cando se dan situacións de dependencia e de enfermidade; como
traballo a maiores das obrigacións laborais, visibilizando a aquelas mulleres que teñen que
conciliar a súa traxectoria profesional cos coidados na casa; e como preservación das tradicións
e do entorno, sendo as mulleres as herdeiras de costumes típicas da identidade galega.

Unha andaina en beneficio das coidadoras da AECC
Na AECC de Marín son moitos os casos onde as mulleres teñen ao seu cargo a familiares
enfermos, cargando sobre as súas costas todas as tarefas relacionadas co seu coidado. A
importancia de contar cunha asociación como a AECC é básico para axudar a estas mulleres,
ademais de loitar por un reparto xusto das tarefas.

Co obxectivo de recadar fondos para a AECC e de visibilizar o traballo destas mulleres, dentro
da programación o 8M celebrarase a Andaina Ruta Montes e Praias (15 km), que rematará ás
12.00 horas co obxectivo de participar no acto institucional que se celebrará ás 13.00 horas.
A andaina contará cun lema, que será escollido entre as diferentes frases relacionadas ca muller
que propoñan as persoas que participen na proba e que poderán lucir nos seus dorsais.
Testemuñas dos coidados para o acto institucional

O acto central do Día da Muller terá lugar ás 13.00 horas na Praza 8 de Marzo (trasladarase ao
Concello en caso de choiva), que consistirá na lectura da declaración institucional, elaborado
cas achegas do Consello Municipal da Muller, e no que se reivindicará a necesidade de que a
igualdade de xénero tamén estea presente no reparto das tarefas de coidado.

A lectura desta declaración estará ao cargo dunha muller coidadora de Marín e despois haberá
varias testemuñas directas de mulleres que nestes momentos son coidadoras nos diversos
ámbitos. A súa experiencia servirá para exemplificar esta realidade en primeira persoa e para
concienciar á cidadanía.

Unha tradición mantida por varias xeracións de mulleres
Os coidados van máis alá e tamén se aplican ao coidado da terra, do medio ambiente, da
contorna e, sobre todo, das tradicións. As mulleres galegas levan transmitindo costumes de
xeración en xeración que se terían perdido sen a súa importantísimo labor.
Así é o caso do bolo do pote, unha forma de cocción do pan no caldo que facían as mulleres en
Galicia e que Marín quere manter e achegar á mocidade ca celebración dunha cita gastronómica
indispensable: A Festa do Bolo do Pote, antes a cargo de Fentos e Frouma e agora nas mans de
Pousos da Area.
Esta maneira de elaborar o pan supón unha das tradicións máis arraigadas na localidade, grazas
ao papel da muller na esfera familiar. Recuperar e poñer en valor esta tradición tamén se pode
facer con perspectiva de xénero, habida conta que as mulleres foron as que tradicionalmente
estiveron á fronte da súa elaboración.
A carpa estará na Alameda e así tras o acto institucional poderá gozarse desta tradición galega,
probando un bolo do pote e aprendendo como se elaboraba e como foi manténdose a tradición
na nosa localidade a través das mulleres.
Actividades paralelas
A maiores, o Concello, a través do CIM, traballa en diversas actividades paralelas ao mesmo día
8M, como as iniciativas a levar a cabo cos centros educativos ou unha exposición de fotografías
“Mans coidadoras”, ca que visibilizar de maneira artística o labor das mulleres coidadoras.
Asemade, estase a organizar a programación de actuacións de Teatro Espontáneo para o
alumnado de ESO, Bacharelato e ciclos formativos, con pezas que traten a temática feminista e
a conmemoración das mulleres ás que este ano se lles adica esta data en Marín.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies