Contacto | Tel.:986 88 03 00

O Día de Rosalía celebrarase de xeito telemático e cunha decoración floral na Alameda

22 febreiro 2021

O Día de Rosalía na vila marinense terá cor de camelias e son de poesía, aínda que sexa de xeito telemático. Así o anunciou a concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, que explicou que, “a pesar das circunstancias, queremos conmemorar igualmente este día, no que poñemos en primeiro plano a unha das escritoras máis relevantes das nosas letras”.

O monoliño que se atopa colocado na entrada da Alameda Rosalía de Castro será decorado polas representantes da asociación da camelia, que tradicionalmente organizaban a súa mostra no Museo Torres e que este ano volcarán toda a súa capacidade artística e decorativa na conmemoración do 24 de febreiro.

Por outra banda, os versos da autora converteranse en voz grazas a dous poetas da vila, que serán protagonistas dun pequeno vídeo que se subirá ás redes sociais do Concello o mesmo día.

A Biblioteca Pública Vidal Pazos acolle tamén unha exposición con todas as monografías das que se dispoñen nos fondos sobre a súa obra, vida…

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies