Contacto | Tel.:986 88 03 00

O Goberno municipal traslada aos grupos da oposición unha proposta de moción conxunta sobre o inicio do curso escolar

Na pasada Comisión Informativa o grupo de goberno presentou unha proposta de moción sobre a coordinación das competencias municipais respecto ao inicio do curso escolar nos centros educativos da vila.

O texto foi trasladado aos grupos da oposición presentes no consistorio co fin de unir esforzos e crear unha proposta conxunta na que estean presentes todas as forzas políticas con representación no Concello.

A Concellería de Educación do Concello de Marín ven traballando coas direccións dos centros educativos da vila conxuntamente na elaboración dun plan de cara ao inicio do vindeiro curso, que debido as circunstancias sanitarias prevese complicado, despois de que se suspenderan as actividades presenciais o pasado 12 de marzo.

Este traballo ten como finalidade que os nenos e nenas poidan empezar o vindeiro ano académico de maneira presencial como así apuntan tanto o Ministerio de Educación como a Xunta de Galicia.

O Concello de Marín mantivo conversas coa Consellería de Educación sobre as competencias do ente municipal na xestión dos centros escolares nos que o Concello realizará as labores de reforzo de limpezas, control de entradas e saídas e tratando que actividades coma o Plan Madruga ou os Plans Comedor continúen nos centros nos que xa estaban operativas.

Dende o goberno búscase unir esforzos con toda a comunidade educativa e con este obxectivo presentase esta proposta de moción conxunta tratando que todos os grupos municipais únanse na busca de solucións neste ámbito debido ás dificultades que se presentan pola crise sanitaria.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies