Contacto | Tel.:986 88 03 00

O I Concurso de Decoración de Nadal xa ten gañadores

O xurado do I Concurso de Decoración de Nadal, composto polas concelleiras Cristina Acuña, Raquel Soage, Itziar Álvarez e as dúas veciñas de Marín, Rosa María Fariña e Cristina Barreiro, reuníronse esta semana para dirimir o seu ditame sobre os premios que se outorgarán a cada unha das categorías que concurrían ao concurso.

Tras visitar de forma presencial aos finalistas de cada categoría, o xurado deliberou e asegurou que o nivel acadado no concurso en todas as categorías foi “moi alto, o que denotou que a veciñanza e os comerciantes de Marín quixeron mostrar o seu apego a este Nadal tan estraño e diferente”. A unanimidade do xurado na súa decisión tamén denota o agradecemento a todos os participantes, que en total foron 104.

Ademais, tamén se levou a cabo o sorteo entre todos os participantes de cada categoría.

Fallo do Xurado

Premiados

Comercio e/ou negocio

1º premio: Carmencitas Moda Infantil – 300 euros

2º premio: María José Estilistas – 200 euros

Sorteo entre os participantes: Mariam (MºAntonia Magariños) – 100 euros

Hostalaría

1º premio: Los 3 Monos – 300 euros

2º premio: Os Cregos – 200 euros

Sorteo entre os participantes: Vinoteca Agustín – 100 euros

Comunidade de veciños

1º premio: C.V. Vergel 1 – 300 euros

2º premio: C.V. Virgen del Puerto – 200 euros

3° Premio: C.V. Hermanos Pintos I – 100 euros

Sorteo entre os participantes: C.V. Augusto Miranda 1 – 100 euros

Ventá e/ou balcón

1º premio: Carmen Blanco Aguete – 300 euros

2º premio: Mercedes Fernández Barreiro – 200 euros

3º premio: Elisabeth Iglesias Gil – 100 euros

Sorteo: Dolores Santos Vidal – 100 euros

Vivenda unifamiliar

1° Premio: Josefa Soage Pintos – 300 euros

2º premio: Sonia Pazos García – 200 euros

3º premio: Manuel Montenegro Iglesias – 100 euros

Sorteo entre os participantes: Ana María Cruz de Pazo – 100 euros

O Concello contactará cos distintos premiados para darlles as pautas para a recollida do seu agasallo.

 

 

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies