O kickboxing infantil dáse cita este domingo na Raña

25 xuño 2021
O kickboxing infantil sen contacto chegará esta fin de semana ao Pavillón da Raña, coa celebración do Campionato Galego desta disciplina, organizado pola Federación Galega de Kickboxing MuayThai.

O evento foi presentado polos organizadores e polo concelleiro de Deportes, Antonio Traba. Dentro da competición, haberá probas inéditas ata a data: de mockcombat, de formas e de kickboxing inclusivo. “É a
primeira vez que desde a Federación levamos a cabo estas probas”, destaca o seu delegado, Jose Manuel Santiago, que quixo agradecer ao Concello a súa colaboración “para poder levalo a cabo nesta localidade”

O kickboxing inclusivo trata de darlles a oportunidade a moitos deportistas que teñen algunha limitación por diferentes patoloxías, desde problemas cardíacos a disfuncións intelectuais.

Está previsto que participen máis de 100 competidores que realizarán assúas probas o domingo 27. Por primeira vez, poderá haber público, cun aforo do 30%.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies