O lugar de Castro contará con máis puntos de luz no seu alumeado público, que será renovado na súa totalidade

O lugar de Castro contará con máis puntos de luz no seu alumeado público, que será renovado na súa totalidade

13 marzo 2021
O Concello de Marín traballa intensamente para dotar a toda a veciñanza, tanto do casco urbano como do rural, de servizos públicos de calidade. Por iso, realiza importantes inversións en materia de renovación, mantemento e outras cuestións relacionadas co alumeado público, o saneamento, o abastecemento…
Nesta ocasión, o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, avanza que se levará a cabo unha renovación e mellora da instalación do alumeado público exterior no lugar de Castro, unha “moi boa actuación”, nas palabras do edil, dado que é importante reforzar este servizo naqueles lugares onde a instalación estea máis deteriorada e de tal xeito que se siga traballando na estratexia de renovación de luminarias que se está levando a cabo en todo o municipio.
Esta obra suporá unha mellora da eficiencia enerxética de toda a instalación, substituíndo as fontes de luz actuais por luminarias de tecnoloxía LED. Tamén se renovarán todos os brazos metálicos xa existentes, e que se atopan nun avanzado estado de deterioro, e o cableado. Pero ademais reforzarase a dotación deste servizo, coa colocación de novos puntos de luz, que terán poste, brazo e luminaria.
A licitación da actuación xa está en marcha e está previsto que ao longo da próxima semana o Concello adxudique os traballos é empresa correspondente. O prazo que terán de execución da actuación é de 45 días e esta será financiada cunha baixa do Plan Concellos, tal e como se trasladou no último Pleno da Corporación.

Anterior A ponte do río Loira estrea un aspecto renovado cunha varanda moderna e funcional

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados