O Museo Torres recibe a especial visita dun grupo de usuarios do Centro de Maiores

17 marzo 2021

O Museo Torres de Marín recibiu unha visita tremendamente especial. Un grupo de usuarios e usuarias do Centro de Maiores de Marín foron acompañados por persoal do centro e pola concelleira Itziar Álvarez visitar a exposición de Entroido que aínda se pode ver no complexo museístico.

Moitos destes maiores agradeceron a visita, xa que é dos poucos plans e das poucas saídas que puideron facer ao longo deste ano. Unha visita que contou con todas as medidas de prevención e seguridade, xa que se pechou o Museo Torres só para eles, de tal xeito que non houbera máis visitantes nese momento.

Segundo explicou a concelleira, “foi moi emocionante velos gozar e lembrar anécdotas xa non só coa exposición das comparsas do Entroido, senón tamén con toda a obra de Torres”. De feito, entre os visitantes había un antigo alumno do ilustre pintor.

A todos se lles regalou para a Biblioteca do Centro un catálogo de pintura de Torres e un de escultura, ademais do catálogo de Rosa Crespo, artista marinense 2020.

A concelleira cerrou con eles a posibilidade de que sigan vindo máis grupos e tamén de que volvan para coñecer en maior profundidade a obra do artista, que neste momento pode verse de xeito moi estruturado nas paredes do espazo museístico.

Outra das exposicións que están á vista é a que ten que ver coas portas das lembranzas creadas pola artista María Sancho, unha colección de 12 portas ás que cada mes se lle adica un vídeo no que un marinense explica os recordos que lle suscita.

Precisamente hoxe publícase nas redes sociais o vídeo correspondente ao mes de marzo, correspondente á casa da rúa da Roda, número 8, unha rúa que esconde importantes datos como ser a que alberga a casa matriz de Villafinez.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies