O novo aparcadoiro disuasorio de Jaime Janer está case listo para ser utilizado pola veciñanza

Esta semana remataron as obras para a habilitación dun novo aparcadoiro disuasorio que tramitou o Concello nunha parcela da Rúa Jaime Janer, que dará servizo a toda a zona, sumando ao actual espazo público adicado a estacionamento unhas 50 novas prazas. A próxima semana, unicamente faltará rematar co adecentamento da entrada para os vehículos.

Ademais, o Goberno local está a traballar no proxecto de instalación dunha pasarela peonil de madeira no río Lameira, que permita unir o novo aparcadoiro coa zona do Pavillón e o CEP Sequelo, xa que na actualidade non existe ningún paso que permita cruzar.

Actualmente, existe unha senda peonil ao longo dun tramo deste río, que recorre o pavillón do CEP Sequelo e outras edificacións, así como as hortas urbanas. Segundo se detalla na memoria encargada polo Concello, coa pasarela peonil podería accederse directamente desde o aparcadoiro até o pavillón, o centro educativo e as hortas de xeito, directo, evitando dar toda a volta e mellorando así as conexións de mobilidade nesta zona tan transitada.

O Concello está pendente de que Augas de Galicia lle dea permiso para a instalación deste paso peonil.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies