Contacto | Tel.:986 88 03 00

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Marín avanza nas súas accións formativas

No día de hoxe tivo lugar unha das accións formativas ao abeiro do programa integrado de emprego Concello de Marín 2019/2020, proxecto para o que a Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu unha subvención ao Concello de Marín, cun orzamento máximo de 250.000 €, dos cales 200.000 € corresponden á parte subvencionada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e os 50.000  € restantes pertencen a fondos do propio Concello.

A acción formativa, que tivo lugar na Biblioteca Pública municipal, foi un dos talleres sobre mobilidade transnacional no territorio da Unión Europea (Rede Eures). Esta acción grupal do programa, que se celebrou on line e observando escrupulosamente as medidas artelladas para a prevención do contaxio do Covid-19, foi seguida por cerca dunha trintena de participantes no programa, e permitiulles coñecer unha das ferramentas ao seu dispor que amplía o abanico de posibilidades na procura de emprego.

O programa desenvolverase ata o 20 de outubro de 2020, aínda que foi solicitada unha ampliación á Xunta de Galicia por mor do tempo en que a maior parte das actividades colectivas estiveron suspendidas por mor da pandemia, e o colectivo ao que vai dirixido son traballadores/as desempregados/as inscritos/as como demandantes de emprego nos Servizos Públicos de Emprego menores de 30 anos. As persoas participantes foron seleccionadas de entre aquelas previamente incluidas na sondaxe efectuada polos servizos públicos de emprego.

A finalidade última do programa integrado de emprego Concello de Marín 2019/2020 é a de posibilitar a integración laboral de persoas demandantes de emprego con dificultades para acceder a unha ocupación no mercado laboral.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies