Contacto | Tel.:986 88 03 00

O Samaín Briz será o 31 de outubro e incorporará un obradoiro de cabazas e un espazo gastronómico

As concelleiras Marián Sanmartín, Elisa Dopazo, Raquel Soage e Cristina Acuña presentaron hoxe na Finca de Briz o cartel da nova edición do Samaín Briz, que terá lugar o próximo 31 de outubro neste enclave único da vila.
Durante a rolda de prensa, as representantes do Concello de Marín estiveron acompañadas por integrantes da Fundación Juan XXIII, a Comparsa Os da Caña e a empresa KOREMI, que tamén forman parte do comité organizador desta festa, “queremos que sexa unha referencia en toda Galicia, dado que non existe ningún evento semellante para celebrar unha data tan significativa como o Samaín”, afirmou a edil, Marián Sanmartín.
“Temos o lugar perfecto”, engadiu en referencia á Finca de Briz, que será decorada integramente para a ocasión. De feito, durante os días previos á festa, estará pechada ao público, a excepción da zona da lagoa para dar acceso ás dependencias de Servizos Sociais, Escola municipal de Música e ao quiosco, que estarán abertas ao público durante o seu horario habitual.
De cara a este ano, o Concello quixo profesionalizar a organización da festa, “dado que na edición pasada superamos todas as nosas expectativas e con capacidade crítica sabemos que se poden mellorar moitas cousas para absorber a toda a xente que quere gozar do Samaín”. O ano pasado, superouse o millar de participantes e nesta edición o Concello xa ten todo planificado para xestionar a asistencia de aínda máis persoas.
Con ese ánimo de profesionalizar a festa, o Concello contratou os servizos da empresa KOREMI, que axudará no deseño da “Camiñada de terror para valentes”, dirixida especialmente a adultos ou “valentes”. No que respecta á “Camiñada do espanto para principiantes”, pensada máis para menores e aquelas persoas que prefiran un nivel de terror máis contido, serán os integrantes da Comparsa Os Da Caña os que axuden na súa creación e desenrolo. Na “Camiñada do terror”, se recomenda que os menores de 12 anos vaian acompañados dalgunha persoa adulta.
Actividades paralelas
O día 31 de outubro é non lectivo nos centros escolares marinenses, por iso pola mañá haberá un obradoiro de cabazas na Alameda de Rosalía de Castro, cuxos resultados exhibiranse despois na Finca de Briz.
A partir das 18,30 horas e ata media noite, a Finca de Briz estará aberta para gozar das camiñadas, que se complementarán ca actuación dun mago, bailes das “zumbis”, música e haberá un espazo gastronómico, no que se poderán degustar alimentos típicos desta época do ano: castañas, filloas, chouripáns….

Seguridade e atuendo
Se está coordinando todas as actividades ca Policía Local para garantir a seguridade completa durante a festa. Aínda así, o Concello recomenda que se leve un calzado cómodo, que permita camiñar por zonas de terras sen perigo de esvarar. Por outra banda, é conveniente levar lanterna e roupa que se poida mollar ou ensuciar.
As concelleiras animaron a que todas as persoas que asistan, acudan disfrazados ou, polo menos, caracterizadas de Samaín.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies