“Os fondos do Museo” , unha exposición imperdible para coñecer os segredos artísticos de Marín

14 setembro 2021

Durante os próximos 15 días, o Museo Manuel Torres vai expoñer unha selección de obras do fondo do Museo Manuel Torres. A concelleira Itziar Álvarez explicou que a motivación desta exposición, denominada “Os fondos do Museo”, vén motivada por sacar á luz “todas esas doazóns de obras que fixeron moitos artistas ao longo dos 30 anos de vida do noso museo municipal”.

Na sala 1, exporanse retratos e debuxos de persoas, como Esperon, Sabela Canitrot…

Na sala 2 estará adicada a Marín. Son moitos os pintores que han levado os seus lenzos esquinas do noso pobo, como Gabriel Barros, Estévez….

O corredor estará adicado ao mar, mariñas e mariñeiros, como os cadros de Gulías.

Na sala 3 poderá verse unha miscelánea, distintos estilos…. Como o de Miguel Villanueva.

A sala 4 estará adicada a lugares, algúns tan recoñecibles como o Pórtico de la Gloria de Villafinez, recentemente restaurado.

Na sala 5 poderán verse paisaxes, ese verde tan característico da paisaxe galega,, de Pedrosa, Descamps…

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies