Contacto | Tel.:986 88 03 00

Período de prácticas en empresas (PIE Empregamarín II)

Co remate do mes de decembro o alumnado dos cursos de actividades auxiliares de almacén e caixeiros/as-repoñedores/as, accións formativas encadradas no marco do programa integrado de emprego EMPREGAMARÍN II, veñen de rematar os seus períodos de prácticas laborais non remuneradas en empresas.

As prácticas laborais supoñen unha experiencia extraordinaria para desenvolver os coñecementos teóricos adquiridos ao longo do curso no mundo laboral real ao tempo que, en moitos dos casos, supoñen para os beneficiarios un primeiro contacto co mundo laboral para persoas que ate o de agora non tiveran a súa primeira oportunidade. Do mesmo xeito, nalgúns casos representan unha inmellorable oportunidade para expoñer nos distintos centros de traballo aptitudes persoais que acaban por convencer aos empregadores e non sería a primeira vez que ao remate das mesmas convírtense nun contrato de traballo.

practi2

Desde o Concello de Marín queremos agradecer a todas as empresas que, de xeito desinteresado, brindáronse a colaborar acollendo nos seus centros de traballo ao alumnado do programa integrado de emprego EMPREGAMARÍN II: Distribuciones Monteverde S.L.; Instalaciones, Montajes y Reformas Pontevedra CB; Digamel S.A.; Imaspé Integración y Personas; Carma Bueu S.L.; Yves Rocher Pontevedra; Bricoking S.A.; Carlin Papelerías S.L.; Don Xoguete S.L.; Xoguetería Rías Baixas; Eurekakids; El Priorato Marín S.L.; Suite Blanco e Vego Supermercados (Eroski).

Cómpre lembrar que a finalidade última do programa integrado de emprego Empregamarín II é a de posibilitar a integración laboral de persoas demandantes de emprego con dificultades para acceder a unha ocupación no mercado laboral, e despois da finalización das prácticas as tarefas fundamentais por parte dos técnicos do programa centraranse na prospección de empresas, a intermediación laboral e a preparación individual de curriculums e entrevistas de traballo, así como o desenvolvemento da formación complementaria prevista para a mellora da empregabilidade dos participantes no programa.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies