Presentación da Carreira do Truco.

Presentación da Carreira do Truco.

VI CARREIRA DO TRUCO: DOMINGO DIA 7 DE FEBREIRO ÁS 11:00 HORAS

LUGAR DE SAÍDA: CASA DE CULTURA DE SEIXO

Será unha carreira popular, non se darán dorsais. A saída será neutralizada desde a Casa de Cultura de Seixo ata o Viario de Praias.

A partir de ahí, cada cal correrá ao seu ritmo ata chegar a Portocelo, onde haberá un avituallamento no punto de retorno.

Meta: Casa de Cultura de Seixo, voltando polo mesmo percorrido. En total 8 km.

Hora de saída: 11:30 horas despois das carreiras infantís que empezarán sobre as 11:00 horas (se hai nenos).

Tamén haberá unha andaina de uns 6 km polo mesmo viario de praias.

Haberá premios para os 3 primeiros homes e para as 3 primeiras mulleres. E por suposto, para todos os nenos.

IMPORTANTE: Inscripción gratuita e quen queira pode doar un litro ou un quilo de comida non perecedoira que será entregado a un banco de alimentos da zona.

Anterior Reunión veciños Asociación de Pardavila.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados