Contacto | Tel.:986 88 03 00

Programa Entroido 2020

Programa por días:
Martes, 18 de febreiro
20.00 horas. Inauguración da exposición fotográfica de Julio Santos sobre o Enterro da Sardiña no local do Ateneo Santa Cecilia (ata o 29 de febreiro)
Venres, 21 de febreiro
20.00 horas. Conferencia sobre os Entroidos do Morrazo, de Cobres e do Hío no Museo Torres, a cargo de Mario Soto e Anxo Rosales.
21.30 horas. Cantos de Taberna polos bares de Marín. Organiza Concello e Os Saljariteiros.
Sábado, 22 de febreiro
15.30 horas. Inscricións para o Desfile Infantil, no Palco da Música da Alameda.
16.30 horas. Desfile Infantil polas rúas Real, Praza do Reloxo, Sol, Dr. Touriño, Busto de Abaixo e Jaime Janer. Ao rematar haberá animación infantil.
18.00 horas. Degustación popular de filloas na Alameda. Organiza Concello de Marín.
Domingo, 23 de febreiro
12.30 horas. Concentración das comparsas marinenses na Alameda de Rosalía de Castro.
16.00 horas. Concentración dos participantes no Desfile de Adultos na Praza do Regueiro.
17.00 horas. Gran Desfile de disfraces e carrozas. Itinerario: Praza do Regueiro, Avenida de Ourense, Praza de España, Almuíña, Jaime Janer, Concepción Arenal e Parque Eguren.
Luns, 24 de febreiro
12.00 horas. Festa do Merengue na Lameiriña, acompañados por Pousos da Area. Organiza Concello de Marín e Amigos dos Rapaces.
16.30 horas Festa infantil na Lameiriña coa Orquesta La Ola ADN.
Martes, 25 de febreiro
17.00 horas. Festa Infantil no Multiusos da Praza de Abastos con música, sorteos, animación e chocolatada. Organiza Concello de Marín.
20.00 horas. Concurso de filloas e orellas. Entrega de premios no local do Ateneo Santa Cecilia entre as 18.00 e as 19.30 horas.
Mércores, 26 de febreiro
17.00 horas. Velorio no Palco da Música.
20.00 horas. Enterro da Sardiña. Con saída da rúa Jaime Janer, baixada polo Busto, Dr. Touriño e Rúa do Sol, ata chegar á Praza do Reloxo, onde terá lugar o pregón. Ao rematar, saída pola Rúa Real, Almuíña, Praza de España e despedida ao mar.
Concurso de fotografía do Enterro da Sardiña. Prazo de presentación ata o 6 de marzo. Bases e organización, Ateneo Santa Cecilia.
Sábado, 29 de febreiro
17.00 horas. Actuación da Charanga Noroeste polas rúas de Seixo.
17.30 horas. Entroido de Seixo. Organiza Grupo Cultural Ronsel e Concello. O desfile irá das inmediacións da gasolineira ata a Alameda de Seixo. Baile de disfraces a partir das 18.00 horas.
Domingo, 8 de marzo
12.00 horas. Degustación do Bolo do Pote a cargo de Pousos da Area e Urralas olas con xogos populares, a cargo da Asociación Cultural Santo Tomé de Piñeiro, na Alameda. Organiza Concello de Marín
Domingo, 22 de marzo
17.00 horas. Entroido de San Xulián con saída desde San Pedro ata O Igrexario. Organiza Os Da Caña.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies