Reforzo de ferramentas para o teletraballo, melloras urbanas e renovación de alumeado público copan parte das inversións que o Concello prevé para finais de ano

Reforzo de ferramentas para o teletraballo, melloras urbanas e renovación de alumeado público copan parte das inversións que o Concello prevé para finais de ano

O 2020 vai encarando o seu fin e o Concello de Marín fixo  balance das actuacións que, en diferentes puntos do seu desenvolvemento, darán pasos neste último mes de decembro.

Segundo detallou a alcaldesa, María Ramallo, hai varios proxectos pendentes de aprobar de cara ao último mes do ano que teñen que ver con distintos aspectos.

1.- Dotación de material informático para facilitar o teletraballo no Concello

A situación sanitaria da Covid19 supuxo un cambio nas dinámicas de traballo dos centros laborais para poder cumprir coas restricións. O Concello non foi alleo a este novo escenario, no que o teletraballo gañou protagonismo.

Co obxectivo de facilitar estes labores aos traballadores do Concello, o Goberno local aprobará unha memoria para dotar de novo material informático á Casa Consistorial. Está prevista unha inversión de cerca de 16.600 euros para este fin.

2.- Inversión de 77.000 euros en dúas melloras urbanas

Outro proxecto cuxa aprobación é inminente é o de renovación do pavimento no Camiño dos Sapos e no Camiño Coteiros, unha actuación que mellorará estes dous espazos urbanos e que conta con case 40.000 euros de orzamento.

Tamén está cerca de iniciarse a obra de mellora do muro de sostemento na Gorita – Loira, un contrato menor que será levado a cabo pola empresa Construcciones Viñas Blancas, por un importa de máis de 37.000 euros.

3.- Melloras no alumeado público por valor de 151.250 euros

Unha das liñas nas que traballa o Concello é na dotación de mellores luminarias para os distintos puntos do termo municipal, especialmente naqueles espazos onde este servizo é deficitario.

No lugar de Vilaseca – O Pazo renovarase todo o alumeado público exterior cun orzamento de máis 48.300 euros.

Tamén se mellorará a eficiencia enerxética no alumeado da rúa Concepción Arenal, cunha inversión prevista de máis de 11.400 euros.

A rúa Méndez Núñez, pola súa parte, tamén será obxecto deste tipo de traballos, cun orzamento que ronda os 10.300 euros.

Por outra banda, xa se finalizaron outras dúas actuacións de mellora e renovación do alumeado na Barriada de San Pedro, realizada por Elektron Instalaciones e Ingeniería, que supuxo unha inversión de case 37.800 euros, e en Mogor, onde foi a empresa Electricidada In Mac Condado a encargada de executar os traballos, valorados en 43.450 euros.

Anterior Rematada a substitución da cuberta do lavadoiro da Roza e o acondicionamento da súa fonte

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados