Contacto | Tel.:986 88 03 00

Rematada a obra de mellora do saneamento da Rúa da Costa

A Rúa da Costa xa conta cunha nova rede de saneamento separativa en todo o seu trazado. Con esta actuación, implantáronse 90 metros desta rede, polo que reducirase o vertido de augas pluviais na rede de residuais, co beneficio que iso supón para os sistemas de depuración do municipio.

Neste sentido, é importante destacar que no transcurso da execución da obra deixouse disposta unha acometida de augas pluviais para que no futuro as augas da chuvia procedentes da superficie do San Narciso non sobrecarguen a rede de residuais.

Ademais, a actuación comportou tamén a renovación do pavimento e o incremento do ancho da vía, dado que se suprimiron as cunetas que agora resultan innecesarias pola instalación das reixas e sumidoiros.

O orzamento total da obra foi de 39.960,88 euros é unicamente está pendente a realización do control de calidade da mesma para a súa entrega.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies