Reunión veciños Asociación de Pardavila.

Reunión veciños Asociación de Pardavila.

Na tarde de onte tivo lugar una reunión cos veciños da Asociación de Pardavila, na que estiveron presentes desde o principio os concelleiros de medio ambiente e do rural Marián Sanmartín e Pablo Novas para atender as peticións que se realizaron e incorporouse máis tarde a alcaldesa.

Entre as peticións están temas de alumeado público, reposicións de asfaltados, así como acondicionamientos de varios viais.

Solicitudes que afectan a varias administracións provincial, autonómica e local que tratan de mellorar os servizos públicos na zona de influencia desta asociación.

Tomouse nota das distintas peticións, aínda que algunha delas esta encarrilada e outras xa foron solicitadas ós distintos organismos.

Esta asociación ven ocupando unha parte do local de Juan XXIII que posibilita a realización de reunións, así como a programación e práctica de diversas actividades.

Anterior Video da Gala do Deporte 2015.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados