Servizos Sociais informa de que xa se pode solicitar a adhesión ao programa Xantar na Casa

5 abril 2021

O Concello de Marín adheriuse recentemente ao programa da Xunta de Galicia Xantar na Casa, un programa de atención aos colectivos de persoas maiores e persoas en risco de exclusión social, que ten por obxectivo a mellora da calidade de vida das persoas.

Este servizo de comida a domicilio pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades das persoas usuarias.

Tal e como explican fontes do departamento municipal de Servizos Sociais, a xestión deste programa realízase a través do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar e son os técnicos do noso municipio os que teñen que xestionas as solicitudes.

Nesta liña, desde Servizos Sociais informan de que aquelas persoas que queiran formalizar a súa solicitude terán que cumprir algún dos seguintes requisitos:

  • Ser persoas maiores de 60 anos, que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal e sen rede de apoio que poida suplir tal situación
  • Ser persoas dependentes, que carezan de apoio familiar e que requiren de axuda para a preparación de alimentos
  • Ser persoas menores de 60 anos en situación de exclusión social, técnicamente avaliadas polos Servizos Sociais do Concello

A previsión que realiza Servizos Sociais para o noso Concello é de 15 persoas usuarias.

Para poder tramitar a solicitude de adhesión ao programa, será preciso chamar a Servizos Sociais para solicitar unha cita. O número é 986838117.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies