Contacto | Tel.:986 88 03 00

Turismo fai balance das melloras implementadas nas praias que permiten a Marín renovar o certificado ambiental EMAS

A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, mantivo unha reunión co representante da xestión do certificado ambiental EMAS, Juan Cánovas, e co coordinador de Limpeza do Concello, Francisco Cruceiras, para avaliar os datos extraídos da campaña estival 2020 e para sentar as bases e as melloras a implementar de cara ao 2021.

Este ano foi un ano distinto, onde as medidas de restrición e prevención fronte á pandemia do coronavirus marcaron gran parte das medidas e decisións que se tomaron no que respecta á utilización dos areais da nosa vila, principal atractivo turístico da mesma.

Entre as melloras que se aplicaron este ano e que fan a Marín merecedor de renovar o seu EMAS esta o aumento da cartelería informativa (tanto no que respecta ás medida propias da Covid19 coma doutras cuestións relativas co medio ambiente e a utilización responsable deste espazo natural) e a posta en marcha de mensaxes de concienciación por megafonía.

Tamén se melloraron algúns medios de accesibilidade aos areais, como a renovación dos pasarenas e adquiríronse dúas novas táboas de rescate para os servizos de salvamento, dúas ríxidas e outra pneumática.

A concelleira quixo reiterar “o noso agradecemento” aos locais de restauración, que este ano colaboraron na habilitacións dos seus aseos como baños de uso público para poder cumprir coas esixencias sanitarias. “Foron tres meses duros nos que eles foron unha peza fundamental”.

Por outra banda, destacouse o bo funcionamento do sistema de control de aforo que se puxo en marcha en tempo récord, que permitía consultar o aforo das praias en tempo real e así controlar que non se sobrepasase o número máximo de persoas fixado. “Nunca se chegou a acadar o nivel vermello e iso é unha boa nova, porque demostra que o sistema funcionou e que a cidadanía utilizouno responsablemente”.

De cara ao ano 2021, na reunión avaliáronse unha serie de cuestións a implementar, como crear unha zona adaptada nun dos areais de Marín que estea adaptada ás persoas con discapacidade.

Por outra banda, valorarase que os pregos de contratación daqueles servizos que teñan que ver coa limpeza das praias, o baleirado das fosas sépticas, o balizamento… e demais servizos, que conteñan como punto a avaliar favorablemente un sistema medio ambiental eficiente e sostible por parte das empresas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies