Últimos días para aportar suxestións á ordenanza de terrazas

02 setembro 2021

A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, informou  de que o período de exposición pública da ordenanza de terrazas está a chegar á súa fin. Por iso, anima aos membros do sector da hostalaría que non o fixeran xa a presentar as súas suxestións e alegacións ao texto proposto, para que a regulación final se axuste o máximo posible ás necesidades dos hostaleiros.

Coa actualización desta ordenanza, procúrase adaptar a instalación do mobiliario das terrazas á nova situación que xurdiu da pandemia, pero ademais busca conseguir unha homoxeneización da estética dos elementos a utilizar, de cara ás novas adquisicións que poidan realizar os hostaleiros, que terán unha marxe de dous anos para adaptar todo o seu mobiliario desde a aprobación definitiva da norma municipal.

O contido da ordenanza pode consultarse no seguinte enlace:

http://www.concellodemarin.es/uploads/Expedientes/Ordenanza_Terrazas.pdf

Cando remate o período de exposición pública, os servizos técnicos do Concello estudarán as alegacións presentadas. No caso de non recibir ninguna, a normativa aprobaríase de xeito definitivo

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies