Un proxecto solidario permitirá impulsar proxectos de desenvolvemento coa reciclaxe de material escolar

7 outubro  2021

Reciclaxe solidario para coidar o planeta e apoiar proxectos en países en vías de desenvolvemento. Ese é o obxectivo da campaña lanzada polo CPR Inmaculada e na que colabora o Concello de Marín. A concelleira de Educación, Marián Sanmartín, acompañou ao equipo docente na presentación da iniciativa, que se terá distintos puntos de recollida na vila.

O obxectivo é conseguir reciclar material escolar: bolígrafos, rotuladores, fluorescentes, marcadores, lapis mecánicos, correctores e estilográficos que se consumen día a día. A empresa Terracycle será a encargada da xestión deses residuos, de tal xeito que por cada 20 kg de material escolar reciclado, créanse puntos canxeables por cartos para a ONG Misevi.

Esta organización non gubernamental pon en marcha en Angola e Bolivia proxectos educativos e de apoio a mulleres e a outros colectivos desfavorecidos.

Tal e como informaron hoxe na rolda, haberá tres puntos de recollida do material: no propio CPR Inmaculada, na entrada do Concello e na entrada da Biblioteca Pública Vidal Pazos.

Por outra banda, a iniciativa está aberta a outros centros educativos, que poden rexistrarse na campaña escribindo un email a oficina.proyectos@misevi.es.

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies