Unha recollida de “basuraleza” ca que concienciar da necesidade de coidar as contornas naturais

Unha recollida de “basuraleza” ca que concienciar da necesidade de coidar as contornas naturais

O mantemento e a limpeza dos nosos montes, praias e espazos verdes é básico para que o equilibrio do ecosistema se manteña. Para iso, é necesario concienciar á poboación da necesidade de reciclar e de non tirar refugallos ao chan. Nesa liña, Ecoembes e Turismo de Galicia celebran con frecuencia limpezas con voluntariado, baixo o nome “1 metro cadrado pola natureza”, como a que se desenvolveu esta mañá no Lago Castiñeiras.

Na actividade estiveron presentes a directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro; a alcaldesa, María Ramallo, e os concelleiros Manuel Santos, Marián Sanmartín e Cristina Acuña. A nivel de voluntariado, participaron os rapaces e rapazas de Juan XXIII e do Centro Príncipe Felipe.

O responsable de Ecoembes en Galicia e o enxeñeiro forestal Gaspar Bernárdez déronlles aos voluntarios dúas charlas introdutorias, nas que explicaron como naceu esta iniciativa e que tipo de flora e fauna existe na contorna do Lago Castiñeiras, unha das xoias medioambientais do Concello de Marín.

Pasadas as 11.00 horas, os participantes repartíronse en grupos para “peitear” diversas zonas do parque, en torno á balsa de auga e pola zona dos novos parques infantís e dos asadores, onde é máis común atopar lixo xerado pola actividade humana.

A medida que se ían recollendo os restos aparecidos nas inmediacións do lago, os voluntarios xa podían reciclalos nas bolsas entregadas por Ecoembes, xa pensadas para a recollida selectiva.

O Concello valora “moi positivamente” que se realicen actividades coma esta na vila, pola concienciación que supón para a cidadanía, que é a primeira que ten que coidar o medio ambiente, en colaboración cas institucións locais e das comunidades de montes, que realizan as demais labores de mantemento dos espazos verdes dos municipios.

Anterior O Concello traballa na mellora dos desperfectos do Auditorio da Finca de Briz

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados