Unha Semana Santa chea de deporte

20 marzo 2021
Os próximos luns 29, martes 30 e mércores 31 de marzo, a rapazada de 6 a 12 anos terá a oportunidade de gozar do descanso da Semana Santa coa celebración dunha actividade multideportiva nas instalacións deportivas do Pavillón da Raña, do Pavillón do Sequelo e do Pavillón do IES Illa de Tambo.
De xeito gratuíto, 75 rapaces e rapazas repartidos por grupos de 25 desta idade gozarán de actividades deportivas como o tenis, BTT, iudo, pilates, hip hop, taekwondo e bádminton, sempre mantendo todas as medidas de seguridade sanitarias derivadas da situación da Covid19.
INSCRICIÓNS (por sorteo):
🔵 Desde mañá, 22 de marzo, ás 09.00 ata xoves, 25 de marzo, ás 15.00 horas
🔵 A través da sede electrónica, do email alcaldia@concellodemarin.es ou dos teléfonos 986 88 03 00 e 986881000
🔵 Os grupos de 25, así como a orde de asistencia a cada pavillón, serán publicados na web do Concello de Marín o venres 26

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies