Visita Institucional ó Concello da Valedora do Pobo

Visita Institucional ó Concello da Valedora do Pobo

En declaracións trala reunión coa alcaldesa e os portavoces dos grupos municipais, a valedora comentou que é unha institucion polo cidadá, que non é un traballo, senón unha honra atendelos.

Quere facer visible a institucion á xente, e se o cidadá non vai, ela virá onde faga falta. Por iso insistui na importancia da reunión na biblioteca, onde explicou que é a Valedora de Pobo, e recolleu as queixas que alí se plantearon.

Pola mañán no concello expuso que Marín non é un concello conflictivo, si que hay queixas respecto dos ruidos dalgúns locais, problema moi habitual en toda Galicia, problemas relativos ó transporte…pero non problemas especiais nin en cantidade nin en calidade.

Asinou no Libro de Firmas do Concello e atendeu a varias asociacións e veciños pola tarde na Biblioteca.

Anterior Bases Bolsa Estudos ou Beca nas Oficinas de Turismo.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados