Contacto | Tel.:986 88 03 00

Visita ó Conselleiro de Política Social.

O conselleiro de Política Social, Jose Manuel Rey Varela, asegurou esta mañá que “xuntar esforzos e optimizar recursos é  o único xeito de garantir unhas verdadeiras políticas sociais que redunden na mellora do benestar dos galegos e galegas, especialmente daqueles máis desfavorecidos ou que necesitan dun apoio especial por parte das administracións”. O responsable das políticas sociais do Goberno autonómico realizaba estas declaracións logo de manter un encontro de traballo coa alcaldesa de Marín, María Ramallo Vázquez. Unha xuntanza que se enmarca na rolda de contactos cos rexedores galegos posta en marcha por Rey Varela logo do seu nomeamento como conselleiro de Política Social.

 

Así as cousas, a rexedora pontevedresa e o titular de Política Social fixeron un repaso dos principais  programas e infraestruturas en materia social que se están a desenvolver no municipio marinense;nomeadamente da inminente apertura da Escola Infantil do Seixo e do notable incremento no número de dependentes atendidos a través do Servizo de Axuda no Fogar. Así mesmo, Jose Manuel Rey Varela e María Ramallo tamén abordaron a posibilidade de explorar novas vías de colaboración para a mellora da carteira de servizos sociais que existe na actualidade neste municipio emprazado na ría.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies