A Xunta destina 85.000 euros o comedor social da Asociación San Vicente Paúl de Marín

A Xunta destina 85.000 euros o comedor social da Asociación San Vicente Paúl de Marín

O director xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, Arturo Parrado, visitou na xornada de hoxe o comedor social da Asociación Voluntarias da Caridade San Vicente Paúl de Marín, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís. Alí tivo ocasión de coñecer de primeira man as instalacións e de manter un encontro con representantes da entidade. A Administración autonómica colabora no funcionamento e mantemento destas instalacións cunha achega económica que este ano ascende a 85.408 euros, e que ten como finalidade garantir a continuidade dun servizo que axuda ás persoas e familias con menos recursos.

Arturo Parrado salientou “o traballo ao carón da xente que máis precisa de axuda que está levando a cabo desde hai anos esta entidade con presenza en toda España”. Así, apuntou que o labor social de San Vicente de Paúl “vai máis alá da rede de comedores sociais como este de Marín que ten en funcionamento, senón que tamén organiza obradoiros de formación e orientación laboral, programas dirixidos ao apoio escolar e diversas iniciativas centradas nos colectivos de maiores, mulleres en situación ou risco de desprotección, inmigrantes, persoas sen fogar ou enfermos hospitalizados”.

Ademais, o responsable do departamento autonómico de Inclusión do Goberno galego tamén puxo en valor “a implicación totalmente altruísta das moitas persoas voluntarias que participan e se implican diariamente nas accións desta asociación”.

Por último, o director xeral explicou que os máis de 85.000 euros de achega económica que a Consellería de Política Social destina no presente exercicio de 2017 a Asociación Voluntarias da Caridade San Vicente de Paúl de Marín serven para contribuír a sufragar os gastos derivados do funcionamento do comedor social, así como para a adquisición de diferente mobiliario para o mesmo.

Anterior Exercicio Conductor Barredora + Resolución

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados