Contacto | Tel.:986 88 03 00

A compostaxe comunitaria chegará ao Sequelo, á Cañota e a Mogor

A zona de Pardavila leva máis dun ano ca compostaxe funcionando a pleno rendemento a nivel individual. O Goberno local, en colaboración ca Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e Sogama, repartiu hai máis dun ano 100 composteiros individuais para que os veciños interesados puidesen incorporar á súa rutina esta modalidade de xestión dos residuos biodegradables.
Agora, o Concello da un paso máis e confirma a instalación de tres composteiros comunitarios en zonas semiurbanas, nas que existe unha predominancia de casas unifamiliares, con espazos verdes, onde é máis demandando e utilizable o compost que xeran estas unidades de xestión orgánica.
Este proxecto deriva da adhesión do Concello ao Plan Revitaliza, da Deputación de Pontevedra. Segundo anunciou esta mañá a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, os lugares escollidos para instalar estes composteiros son os seguintes:
• Entre as Hortas Urbanas do Sequelo e a Barriada Virxe do Carme
• Na parte de arriba da Barriada da Cañota, concretamente na Rúa Coteiros
• En Mogor, xunto aos colectores próximos ao cemiterio
Nestes lugares crearanse o que se coñece como Centros de Compostaxe Comunitaria, é dicir, instalacións pensadas para que unha comunidade veciñal conte cos elementos necesarios para xestionar e reutilizar os residuos de material orgánico.
Paralelamente, Sanmartín explica que o Concello continuará apostando pola compostaxe individual, “dado que temos unha grande demanda”. De feito, tal e como xa se anunciou a finais do 2019, están pendentes de recibir por parte de Sogama outros 100 composteiros máis.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies