A marinense Raquel Catalán estréase na escrita con “Anaquiños”, que presentará este venres no Museo Torres
A marinense Raquel Catalán estréase na escrita con “Anaquiños”, que presentará este venres no Museo Torres

A marinense Raquel Catalán estréase na escrita con “Anaquiños”, que presentará este venres no Museo Torres

Marín, 20 xaneiro 2026

O Museo Torres acollerá este venres ás 19.30 horas a presentación do libro “Anaquiños”, a ópera prima da marinense Raquel Catalán (Marín, 2005), unha colección de cartas dirixidas a entes subxectivos: ideas abstractas, emocións, conceptos universais e mesmo entidades invisibles que nos condicionan na vida cotiá.

A través destas, o texto explora temas como a vida, Galicia, o destino, a inspiración e o vínculo humano co inmaterial. As cartas, escritas cun ton íntimo e reflexivo, mesturan filosofía, literatura e emoción, ofrecendo ao lector unha experiencia única e suxestiva.

Sobre a autora

Raquel Catalán Rodríguez, é unha apaixoada da literatura e a escritura dende a infancia, atopando nas palabras unha forma de expresar sentimentos e contar historias.

Actualmente está formándose como filóloga clásica e teórica literaria-comparatista na USC, combinando o seu amor polas linguas antigas coa creación literaria.

“Anaquiños” é a súa primeira obra de todos os proxectos que ten no tinteiro. Cando non está escribindo, desfruta da actuación e valora todos os momentos compartidos coa familia e as amizades.

Anterior A adxudicación a Urbaser da xestión do servizo de recollida de residuos consolídase ao 100%

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados