Contacto | Tel.:986 88 03 00

Avanza a instalación dos elementos de xogo nos novos parques infantís do Lago Castiñeiras

Os parques do Lago de Castiñeiras xa comezan a tomar forma, ca instalación dos primeiros elementos de xogo que se está levando a cabo estes días.
Foron visitar as obras os concelleiros Cristina Acuña, Marián Sanmartín e Manuel Santos, onde puideron comprobar o avance da súa execución por parte da empresa Carpintería Morgasán.
Esta actuación forma parte da estratexia global que ten o Concello en Castiñeiras, que ten como obxectivo a posta en valor deste espazo medio ambiental, pensando non só no turismo senón tamén nas súas posibilidades como área recreativa para os nenos e nenas da comarca.
A finalización da obra está prevista para finais deste mes, despois de que se realicen as correspondentes comprobacións técnicas para a certificación, que garantan que os novos parques son aptos para o seu uso por parte da poboación infantil.
Tal e como puideron comprobar os edís, o deseño está pensado para que se os parques queden integrados perfectamente ca contorna. Ademais, os elementos, feitos en aceiro galvanizado, requerirán pouco mantemento e resistirán o paso do tempo a pesar das condicións de humidade que se dan na zona. En total, as dúas áreas ocuparán un espazo de 550 metros cadrados.
No deseño e na escolla dos elementos, tamén primou a súa capacidade lúdica. Nun dos parques, concretamente o sitiado nos terreos da Comunidade de Montes de San Xulián, instalarase unha tirolina de 26 metros, acompañada por un equipo multi aventura de oito pórticos, unidos entre si por barras, pontes, cordas… Neste parque colocarase ademais un bambán dobre combinado, que contará con dous asentos planos e outro tipo cesta, especialmente indicado para persoas con mobilidade reducida.
Con respecto ao parque sito nos terreos da Comunidade de Montes de Santomé, instalaranse dúas torres unidas por unha rede e con tobogáns anexos. Haberá tamén un balancín, dous xoguetes de resorte e outro bambán combinado.
Este proxecto, cuxo presuposto de licitación é de 74.766,18 euros, conta coa financiamento da Axencia de Turismo de Galicia, ao abeiro dun convenio asinado entre o ente autonómico, dependente da Consellería de Cultura, e o Concello de Marín. As dúas Comunidades de Montes de Marín cederon os terreos ao Concello para poder levar a cabo esta mellora.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies