ÁMBITO DE APLICACIÓN DAS AXUDAS:
Que vivendas/edificios están dentro do programa de axudas Ari?
O conxunto do ámbito que delimita a Área de Rehabilitación Integral-ARI- Casco Vello e Banda do río Lameira ocupa una superficie total de 10,9 ha e comprende un total de 477 edificacións en 514 unidades parcelarias catastrais distribuídas, segundo plano adxunto, ao longo das 37 rúas seguintes:
CASCO VELLO (24) | BANDA DO RÍO LAMEIRA (13) |
Alcalde José del Río* | Banda do Río |
Almuiña | Banda do Río A |
Augusto Miranda | Banda do Río B |
Busto de Abaixo (nº del 15 ao 52) | Banda do Río C* |
Calzada | Banda do Río D* |
Canexón Teimón | Escola Tiro Naval Janer (nº 2, 4, 6, 8, 10, 12, 14, 16, 18, 20, 22, 24, 26, 28, 30, 32, 34, 36, 38, 40, 42, 44, 46 y 48) |
Caracol | Fonte |
Concepción Arenal (nº 1, 3 y 5) | Forte |
Doutor Touriño (nº 2, 4, 6, 8, 10, 12, 14, 16, 18 y 20) | Fotelos* |
Echegaray | Guillerma |
Ejército y Marina | Lameira |
Forno | Peirana |
Jaime Janer (nº 2, 4 , 6, 8 y 10) | Peñón |
Ponte | |
Ponte Zapal | |
Real | |
Ribeira de Abaixo | |
Ribeira do Medio* | |
Ribeira de Arriba | |
Secundino Lorenzo Calvelo | |
Serafín Tubío | |
Sol | |
Travesía Forno | |
Veiguiña |
* non hai números no ámbito
ESTADO DE CONSERVACIÓN DAS EDIFICACIÓNS NO ÁMBITO DA ARI CASCO VELLO E BARRIO DA BANDA DO RÍO LAMEIRA (plano 05 Memoria-Programa para a declaración de Ari, marzo 2015)
REQUISITOS E CUANTIFICACIÓN DAS AXUDAS:
Quen pode solicitar as axudas e que tipo de subvencións se poden percibir?
Beneficiarios:
- Propietarios/as
- Arrendatarios/as
- Titulares dalgún dereito de uso
Actuacións subvencionables:
-
As recollidas nos artigos 36 e 43 do R.D. 106/2018
Obras ou traballos de mantemento e intervención nas vivendas unifamiliares e edificios, incluso no interior das vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, a fin de adecualos aos estándares previstos pola normativa vixente
Honorarios dos profesionais intervintes, o custo da redacción dos proxectos, dirección técnicas ou facultativas, informes técnicos e certificados necesarios
Gastos derivados da tramitación administrativa, sempre que todos eles estean debidamente xustificados
Condicións particulares:
-
A antigüidade dos edificios deberá ser maior de 10 anos e as vivendas serán destinadas a domicilio habitual e permanente para uso propio ou aluguer durante, como mínimo, 5 anos dende a data de notificación da cualificación definitiva
No caso de vivendas destinadas a uso propio, a unidade familiar non poderá superar ingresos superiores a 6.5 veces o IPREM
Non se subvencionarán obras ou partidas executadas con anterioridade á visita técnica da oficina ARI nin aquelas rematadas no momento da solicitude das axudas
Exclúense das axudas os proxectos que supoñan o derrubamento total da edificación e os baleirados sen recuperación da estructura orixinal salvo xustificación técnica suficientemente motivada
Contía das axudas:
-
•50-85% do orzamento protexible
• Contía máxima da subvención: 12.000-16.000 €/vivenda; 120€/m2 local
LUGAR E PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS:
Onde e cando se poden solicitar as axudas?
Lugar:
As solicitudes tramitaranse a través da Oficina Municipal de Rehabilitación (ARI) e deberán contar coa visita técnica e informe previos.
Prazo:
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 22 de abril de 2019, tal e como figura no BOP da Provincia de Pontevedra, nº36 do 20/02/2019 ou a través da seguinte ligazón:
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2019/02/20/2019007564
Nembargante, para todas aquelas persoas que non puideran solicitar as axudas en dito prazo e estean interesadas en rehabilitar as súas vivendas/edificios ao abeiro do Plan de Vivenda en vigor, poden solicitar información, asesoramento e inscribirse na base de datos da Oficina Municipal de Rehabilitación de cara a próximas convocatorias de axudas.
Para máis información consúltese:
-
1. O Real Decreto 106/2018 que regula o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, no BOE nº 61 do 10 de marzo de 2018 ou a través da seguinte ligazón:
https://www.boe.es/boe/dias/2018/03/10/pdfs/BOE-A-2018-3358.pdf
2. O Decreto Autonómico 18/2014 que desenvolve o Plan Estatal, no DOG nº38 do 25 de febreiro de 2014 ou a través da seguinte ligazón:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140225/AnuncioCA02-200214-0001_gl.html
3. O Convenio de colaboración entre o Ministerio de Fomento e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, no BOE nº 198 do 16 de agosto de 2018 ou a través da seguinte ligazón:
https://www.boe.es/boe/dias/2018/08/16/pdfs/BOE-A-2018-11661.pdf
4. A Resolución do 3 de agosto de 2018 pola que se regula o procedemento para a participación no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018-2021, no DOG nº 156 do 17 de agosto de 2018 ou a través da seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180817/AnuncioC3Q2-070818-0001_gl.pdf
5. A Ordenanza Municipal reguladora das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de rehabilitación integral da Vila de Marín publicada no B.O.P. da Provincia de Pontevedra, nº172 do 6 de setembro de 2012 ou a través da seguinte ligazón:
https://www.concellodemarin.es/wp-content/uploads/2015/10/ordenanza.pdf