Existen outro tipo de axudas fora da ARI para vivendas e edificios?
CONVOCATORIAS ABERTAS:
-INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO (IGVS)
1. Resolución do 12 de xaneiro de 2022 pola que se convocan para o ano 2022 as axudas para a adquisición de vivenda nos centros históricos (código de procedemento VI400A):
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220128/AnuncioC3Q2-130122-0004_gl.html
CONCEPTO SUBVENCIONABLE: Financiamento parcial do prezo de adquisición de vivenda xa construída en cascos históricos
AXUDA: 20% ata un máximo de 10.800 € (12.800 € no caso de menores de 35 anos e 15.000 € no caso de vivendas sitas nun ámbito declarado Área Rexurbe), taxas e tributos excluídos
PRAZO: Ata o 30 de setembro do 2022 ou esgotamento de crédito (500.000 € anualidade 2022)
LUGAR: Preferentemente por vía electrónica, con opción en soporte papel: https://sede.xunta.gal/portada
INFO: http://igvs.xunta.gal/web/actuamos/926
- PROGRAMA DE AXUDAS Á MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA EN VIVENDAS:
Resolución do 18 de febreiro de 2022 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406E):
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220303/AnuncioC3Q2-180222-0002_gl.html
DIRIXIDO A: Vivendas unifamiliares ou sitas en edificios residenciais colectivos
BENEFICIARIOS: Persoas físicas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias de vivendas. Estas poderán facultar e autorizar que un axente ou xestor actúe por elas a través dun acordo previo
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:
- Redución da demanda enerxética anual dun 7% mínimo
- Redución do consumo enerxía primaria dun 30% mínimo
- Cumprimento cos valores límite de transmitancia e permeabilidade establecidos nas táboas 3.1.1.a-HE1 e 3.1.3.a-HE1 do DB HE do CTE, no caso de actuar sobre elementos construtivos da envolvente térmica (fachadas, carpinterías, etc)
CONDICIÓNS PARTICULARES:
- Contar coas licenzas e autorizacións administrativas que correspondan
- Non ter iniciadas as obras antes do 01.02.2020 nin estar rematadas no momento de presentar a solicitude de axudas
- Non se subvencionarán instalacións con combustibles de orixe fósil
- A vivenda debe constituír o domicilio habitual e permanente das persoas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias no momento de presentar a solicitude de axudas
- Serán inadmitidas as solicitudes que no momento da súa presentación non aporten os documentos sinalados nas letras d), e) do punto Noveno.1, así como aquelas que non indiquen o número de inscrición no RGEEE do certificado eficiencia enerxética actual
- Certificado eficiencia enerxética previo deberá constar inscrito no RGEEE no momento da presentación da solicitude de axudas
CUSTO ELIXIBLE:
- Obras de mellora da eficiencia enerxética
- Honorarios dos profesionais intervintes (proxectos, certificados, informes…)
- Tramitación administrativa
- Non se subvencionan os correspondentes a licenzas, taxas, impostos ou tributos, agás IVE cando non sexa susceptible de recuperación ou compensación
CONTÍA DAS AXUDAS:
- 40% do custo elixible total, cun máximo de 3.000 €/vivenda (inversión mínima 1.000 €)
PRAZO DE SOLICITUDES: Do 04.03.2022 ao 14.10.2022, agás esgotamento de crédito (2.991.655 €/anualidade 2022, 10.463.535 €/anualidade 2023, total 13.455.190 €)
PRESENTACIÓN: Obrigatoriamente por medios electrónicos a través da seguinte ligazón:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI406E&ano=2022&numpub=1&lang=gl
PRAZO EXECUCIÓN OBRAS: 12 meses máximo dende a data concesión axuda
3. PROGRAMA DE AXUDAS Á MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA EN EDIFICIOS:
Resolución do 5 de maio de 2022 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406F) – DOG nº 94 do 16.05.2022:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220516/AnuncioC3Q2-060522-0003_gl.html
DIRIXIDO A: Edificios residenciais colectivos e unifamiliares
BENEFICIARIOS: Persoas propietarias, usufrutuarias, comunidades ou agrupación destas, sociedades cooperativas e empresas arrendatarias ou concesionarias dos edificios
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:
• Redución da demanda enerxética anual dun 25% mínimo (exento para edificios protexidos así como aqueles que a conseguiran en actuacións nos últimos catro anos)
• Redución do consumo enerxía primaria dun 30% mínimo
CONDICIÓNS PARTICULARES:
• Contar coas licenzas e autorizacións administrativas que correspondan
• Non ter iniciadas as obras antes do 01.02.2020 nin estar rematadas no momento de presentar a solicitude de axudas
• Non se subvencionarán instalacións con combustibles de orixe fósil
• Certificado eficiencia enerxética previo deberá constar inscrito no RGEEE no momento da presentación da solicitude de axudas
• 50% superficie construída sobre rasante teña uso residencial nos edificios colectivos
CUSTO ELIXIBLE:
• Obras de mellora da eficiencia enerxética e retirada de amianto
• Honorarios dos profesionais intervintes (proxectos, certificados, informes…)
• Gastos de tramitación, xestión administrativa e outros gastos xerais similares
• Non se subvencionan os correspondentes a licenzas, taxas, impostos ou tributos, agás IVE cando non sexa susceptible de recuperación ou compensación
CONTÍA DAS AXUDAS (dependendo do aforro enerxético acadado):
• 40% do custo elixible total, cun máximo de 6.300 €/vivenda e 56€/m2 local
• 65% do custo elixible total, cun máximo de 11.600 €/vivenda e 104€/m2 local
• 80% do custo elixible total, cun máximo de 18.800 €/vivenda e 168€/m2 local
• 100% do custo elixible total, nos casos de vulnerabilidade económica
• Posibilidade de anticipo da axuda (ata un máximo 50%) e de ceder o dereito de cobramento á persoa contratista ou ao xestor da rehabilitación
PRAZO DE SOLICITUDES: Do 17.05.2022 ao 30.11.2022, agás esgotamento de crédito
PRESENTACIÓN: Obrigatoriamente por medios electrónicos a través da seguinte ligazón:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI406F&ano=2022&numpub=1&lang=gl
PRAZO EXECUCIÓN OBRAS: 26 meses máximo dende a data concesión axudas
Anualidades 2022 – 2023 – 2024 – 2025
Máis información na páxina web do IGVS:
http://igvs.xunta.gal/web/actuamos/976
4. PROGRAMA DE AXUDAS Á REDACCIÓN DO LIBRO DE EDIFICIO EXISTENTE E PROXECTOS DE REHABILITACIÓN INTEGRAL DE EDIFICIOS:
Resolución do 5 de maio de 2022 pola que se convoca o Programa de axudas á elaboración do Libro de edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406G) – DOG nº 94 do 16.05.2022:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220516/AnuncioC3Q2-060522-0001_gl.html
DIRIXIDO A: Elaboración do Libro de Edificio e redacción dos Proxectos de rehabilitación de edificios residenciais colectivos e unifamiliares
BENEFICIARIOS: Persoas propietarias, usufrutuarias, comunidades ou agrupación destas e sociedades cooperativas
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:
• Liña A: Emisión do Libro de edificio existente para a rehabilitación
• Liña B: Redacción de proxectos técnicos de rehabilitación integral de edificios
CONDICIÓNS PARTICULARES:
• Estar rematados antes do ano 2000 (*)
• 50% superficie construída sobre rasante teña uso residencial de vivenda (*)
• Non ter iniciadas as obras antes do 01.02.2020
(*) Acreditación mediante escritura ou nota simple rexistral ou consulta descritiva gráfica dos datos catastrais
CUSTO ELIXIBLE:
• Honorarios dos profesionais intervintes
• IVE cando non sexa susceptible de recuperación ou compensación
CONTÍA DAS AXUDAS:
• LIBRO EDIFICIO: 700€ + 60€/viv (1-20 vivendas)
1.100€ + 40€/viv (>20 vivendas) ata máx. 3.500€
Incremento 50% no caso de non dispoñer do IAE
• PROXECTOS: 4.000€ + 700€/viv (1-20 vivendas)
12.000€ + 300€/viv (>20 vivendas) ata máx. 30.000€
PRAZO DE SOLICITUDES: Do 17.05.2022 ao 30.11.2022, agás esgotamento de crédito
PRESENTACIÓN: Obrigatoriamente por medios electrónicos a través da seguinte ligazón:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI406G&ano=2022&numpub=1&lang=gl
PRAZO EXECUCIÓN OBRAS: Libro de Edificio anualidade 2022
Proxectos anualidade 2022 – 2023
Máis información na páxina web do IGVS:
http://igvs.xunta.gal/web/actuamos/977
;
-INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)
- Resolución do 28.10.2021 aprobando a convocatoria de axudas do programa de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento con fontes de enerxía renovable dirixidas ao sector residencial, administracións públicas e terceiro sector (código IN422J e IN422K)
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211109/AnuncioG0474-281021-0003_gl.html
- Resolución do 28.10.2021 aprobando a convocatoria de axudas do programa de incentivos 6 vencellados á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial (código IN422L e IN422M)
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211109/AnuncioG0474-281021-0004_gl.html
XESTIÓN: A través dalgunha das entidades colaboradoras que forman parte da listaxe publicada na páxina web do Inega
PRAZOS: Do 10.11.2021 ao 31.12.2023 para a adhesión das entidades colaboradoras
Do 15-16-17.12.2021 ao 02.01.2024 para a presentación das solicitudes
AXUDAS: Segundo Anexo III do R.D. 477/2021 (BOE nº 155 do 30.06.2021) para proxectos executados con posterioridade ao 30.06.2021
INFO: www.inega.gal
- Resolución do 27.12.2021 aprobando as bases reguladoras das subvencións para proxectos de biomasa destinadas a particulares (código IN421P) así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código IN421N) e a convocatoria para o ano 2022:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220118/AnuncioG0474-271221-0002_gl.html
SOLICITUDES: Telemática, a través dalgunha das entidades colaboradoras que forman parte da listaxe publicada na páxina web do Inega
PRAZOS: Do 20.01.2022 ao 01.06.2022 para a adhesión das entidades colaboradoras
Do 01.03.2022 ao 01.07.2022 para a presentación das solicitudes
AXUDAS: 50% ata un máximo de 60.000 €
INFO: www.inega.gal
981.54.15.00
4. PLAN RENOVE DE ELECTRODOMÉSTICOS ANO 2022
O vindeiro 23 de marzo ás 9.00 horas arrancará o prazo de presentación de solicitudes de subvencións para a renovación de electrodomésticos para o ano 2022 da Axencia Instituto Enerxético de Galicia-INEGA- (procedemento electrónico IN414C):
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN414C
O prazo estará aberto ata o vindeiro 30.09.2022 ou ata esgotar fondos previstos (2.000.000 €)
Para máis información, consultar nas seguintes ligazóns:
http://www.inega.gal/subvencions/subvencions/aforro/2022/ficha_aforro2022_0001.html
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220301/AnuncioG0474-160222-0002_gl.html
As solicitudes tramitaranse a través dalgunha das entidades colaboradoras que elixirá o comprador. Estas terán de prazo para adherirse dende o 02.03.2022 ata o 30.06.2022 e será a través do procedemento electrónico IN414B:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN414B&ano=2022&numpub=1&lang=gl
Na páxina web do Inega poderá consultarse a listaxe de ditas entidades a través da seguinte ligazón:
https://appsinega.xunta.es/IN414B/consulta/
As contías das axudas en función do tipo de consumidor e electrodoméstico serán:
1. XERAL: 25% máx. 150 € (frigorífico-conxelador)/100 € (lavadora-lavalouza-placa indución)
2. VULNERABLE: 50% máx. 300 € / 200 €
3. VULNERABLE SEVERO: 75% máx. 450 € / 300 €
Para máis información aos interesados poden dirixirse a:
-páxina web: www.inega.gal
-teléfonos: 981 541 520 / 981 541 539 / 881 999 802
-PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS DO CONCELLO DE MARÍN
Publicouse no BOPPO do luns 20 de novembro de 2017 e no DOG do martes 12 de decembro de 2017 o “Anuncio das bases reguladoras do Programa de vivendas baleiras” no concello de Marín do que se adxunta ligazón:
http://www.boppo.depo.es/web/boppo/detalle/-/boppo/2017/11/20/2017047355
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171212/AnuncioL226-211117-0001_gl.html
Pode acceder ao contido das bases reguladoras e os seus anexos a través da sede electrónica do concello de Marín a través da seguinte ligazón:
https://sede.concellodemarin.es/index.php?id=tablon_anuncios
DIRIXIDO A: -Propietarios de vivendas baleiras que a queiran poñer en aluguer
-Demandantes dunha vivenda no concello de Marín
GARANTÍAS PROPIETARIOS: Aboamento das pólizas correspondentes ás coberturas sinaladas na Cláusula Terceira do Convenio entre o IGVS e a Fegamp de data 3 de maio de 2016 (seguro multirrisco do fogar e seguro de garantía de cobro, asistencia e defensa xurídica ante impagos)
CONDICIÓNS PARTICULARES:
- Propietarios: Compromiso de arrendar a vivenda por un prezo non superior a 300 euros (prezo segundo tasación informe técnico municipal) e durante un período de tres anos dende a sinatura do contrato de arrendamento
- Demandantes: Ingresos entre 1-2.5 veces o IPREM; renda aluguer non superior ao 30% dos ingresos familiares; non ter ningunha vivenda en propiedade; dificultade para acceder vivenda en aluguer no concello; non ter parentesco coa persoa arrendadora; acreditación do grao de integración social; a pertenza a un dos colectivos prioritarios do artigo 10 das bases terán prioridade na adxudicación da vivenda
PRAZO: aberto de xeito permanente dende o 13 de decembro de 2017
LUGAR: As solicitudes tramitaranse na Oficina de Rehabilitación Municipal (rúa Méndez Núñez, 51, Entreplanta, Local 9)
Toda esta información tamén pode ser consultada no departamento municipal de Servizos Sociais (rúa A Costa, s/n – Finca de Briz) e na páxina web do concello de Marín a través da seguinte ligazón:
https://concellodemarin.es/concellerias/urbanismo-facenda-e-persoal/outras-axudas/
PLAN ESTATAL DE VIVENDA 2018-2021
Real Decreto 106/2018, de 9 de marzo, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021
https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2018-3358
Para a consecución dos seus obxetivos, o Plan Estatal 2018-2021 estrutúrase nos seguintes programas:
- Programa de subsidiación de préstamos convidos
- Programa de axuda ao aluguer de vivenda (PECHADO. DOG nº 60 do 30.03.2021)
- Programa de axuda ás persoas en situación de desafiuzamento ou lanzamento da súa vivenda habitual
- Programa de fomento do parque de vivenda en aluguer
- Programa de fomento da mellora da eficiencia enerxética e sostibilidade en vivendas (PECHADO. DOG nº 38 do 26.02.2020)
- Programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas (PECHADO. DOG nº 54 do 22.03.2021)
- Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural (ir á https://www.concellodemarin.es/concellerias/urbanismo-facenda-e-persoal/axudas-na-ari-vila-de-marin/ )
- Programa de axuda aos xóvenes (ver Programa 2)
- Programa de fomento de vivendas para persoas maiores e persoas con discapacidade (ver Programa 2 e 6)