A programación do evento musical de ADN marinense arrancará o xoves, 1 de agosto, a partir das 19.00 horas coa tradicional ofrenda floral no Cemiterio de Santo Tomé de Piñeiro na memoria de John Balan, acompañado polo grupo Os de Marín. Balan foi e sempre será unha figura relevante da historia musical marinense e o seu legado trátase de preservar con momentos de recuperación da súa memoria, como sempre fixo o Son de Marín.
Xa o venres, a programación comezará ás 21.30 horas co Concerto Marín Canta, dos Saljariter@s, na Alameda. Neste caso, a mención especial que quere facer o grupo de cantos de taberna vai dirixida a Amijos e Vesiños de Cantodarea “pola súa traxectorial na promoción cultural do noso Concello”, tal e como explicaron na presentación.
O sábado a partir das 11.00 horas empezarán os pasarrúas con Cantareir@s de Marín (Praza de Abastos – Doutor Touriño – Ejército y Marina – Rúa do Sol), cos Zumby Kids (Praza de Abastos – Praza do Klee – Rúa do Sol – Alameda), Os de Marín (Praza de Abastos – Doutor Touriño – Ejército y Marina – Rúa do Sol), Os Chaneiros (Ezequiel Massoni – Jaime Janer) e a Batucada Axé Bahía (A Cañota – Cantodarea – Avenida de Ourense).
Durante toda a xornada, haberá actuacións en distintos puntos de Marín:
● 11.00h – Pandereteiras Airiños de San Xulián – Banda do Río (Underground)
● 12.00h:
○ Fentos e Frouma – Avenida de Ourense (C.C. Morrazo)
○ Banda de Música de Marín – Fondo do Saco
○ As Ferriñas – Rúa Lameira (Cortijo)
○ Marín In Verso – Praza da Veiguiña
○ Take Three – Palco da Música da Alameda
○ Escola Pandereteira de Trompos Os Péz – Rúa Lameira (Cortijo)
○ Coral Lembranzas e Antonio Peixoto e a súa armónica – Praza 8 de Marzo
● 20.30: HOMENAXE A JOHN BALAN. Presentado por Julio Santos Pena e coa mención especial a Airiños de San Xulián e a Os Chaneiros – Alameda.
● 21.00h – Bela e Charlo versións – Méndez Núñez (Manhattan – Pato Donald)
● 21.30h – Orquestra Cé Pantasma – Alameda Rosalía de Castro
● 22.00h – Sr. Nilsson Band versións – Ez. Massoni (O Rural – Nao)
● 22.30h:
○ Four Passengers – Estrada (Rincón de Juansito)
○ Ricardo Parada versións – Méndez Núñez (detrás do Concello)
○ Cuestión de tiempo versións – Rúa Real
● 00.30h – DJ Jorge Álvarez – Alameda