8 de Marzo
8M 2025
Fecha
08/03/2025
Hora
12:00 - 13:00
Localización
Salón de Plenos do Concello
De CULTURA

O Día da Muller terá en Marín varios nomes propios. Concretamente: María Pilar Calviño Barreiro, María del Mar Santiago, María Luisa Calvar, Isaura González Dopazo, Consuelo Carnero Cerviño, María Isabel Martínez Epifanio, Enriqueta Otero Farto, María Isabel González Santiago, Margarita Fariña Pérez e María Francisca Salazar.

Todas elas son as concelleiras que estiveron na Corporación municipal ao longo do desenvolvemento da democracia en Marín, unhas autécnicas pioneiras no mundo do activismo social e político, que estaban en minoría e que foron abrindo camiño na igualdade real e efectiva nos postos de xestión entre homes e mulleres.

Elas serán as homenaxeadas no acto institucional polo 8 de Marzo, que terá lugar no Salón de Plenos do Concello o propio sábado ás 12.00 horas. Así o presentaron as concelleiras Marián Sanmartín e Mónica Viqueira xunto coa directora do CIM, Marián Sánchez, que desvelaron tamén a imaxe da campaña deste ano, obra da ilustradora marinense Belén Diz e que representa a unha muller madura, forte, independente e sabia e que serve como representación de todas as que foron marcando o camiño para as demais.

Ademais, o Concello subirá ás súas canles de comunicación un vídeo con entrevistas ás concelleiras homenaxeadas, no que contan “as súas experiencias, que agora poden parecernos nalgúns casos tremendamente machistas pero que no momento, aínda que elas tiveron que sufrilas, a sociedade non as rexeitaba”. “Estas entrevistas”, continúa Sanmartín, “teñen unha dobre función, facernos ver todo o que se avanzou nalgunhas cousas e como outras aínda non mudaron e seguimos enfrentando os mesmos problemas”.

Ademais do acto institucional do sábado, o xoves 6 de marzo ás 20.00h haberá un pase de cine na Biblioteca Pública Vidal Pazos coa proxección da película “Clara Campoamor. La mujer olvidada”, que explora a vida doutra gran muller pioneira.

A maiores, repartirase entre os centros educativos da vila material de sensibilización para achegar a mensaxe da campaña ás xeracións máis novas.

Anterior VIII Mostra Camelias e Mar

WEBS ASOCIADAS

2025 Concello de Marín. Todos los derechos reservados