Andaina Montes e Praias
Fecha
21/04/2024
Hora
09:00 - 14:00
Localización
Alameda Rosalía de Castro
De CULTURA

15 quilómetros de andaina polos montes e praias de Marín, cunha parada moi especial na Igrexa de Santa María do Campo. Así será a próxima saída organizada polo Concello de Marín, presentada pola concelleira de Turismo, Cristina Acuña, e que terá lugar o domingo 21 de abril ás 09.00 horas con saída da Alameda. A inscrición xa está aberta a través do seguinte enlace: https://espiralxc.es/gl/formulario-de-actividades-gal/

O Lavadoiro do Souto, o Cruceiro do Vento, o Castro da Subidá, o Menhir de Currás, os muíños e a praia de Loira, así como as de Mogor, Aguete e Portocelo… son só algúns dos puntos turísticos e patrimoniais que veremos coa andaina, na que haberá unha parada diferente. Na Igrexa de Santa María do Campo, actuará o Coro de Cámara Thalassa.

A inscrición, coma sempre, é gratuíta.

Anterior XX Edición Bolo do Pote

WEBS ASOCIADAS

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados