BHB FINAL AUTONÓMICA
Fecha
02/04/2022
Hora
17:00 - 22:00
Localización
Parque de Briz
De CULTURA

Marín acollerá a final autonómica das Best Hit Battles Galicia

Marín converterase na capital galega do rap e do freestyle o próximo 2 de abril, cando a Finca de Brizacollerá a BHB Final Autonómica, a partir das 17.00 horas. O concelleiro Hugo González e o representante de Best Hit Battles Galicia, Bastián Hermo Buceta.
Esta final autonómica chega despois de cinco clasificatorias que se organizaron previamente en distintos puntos de Galicia, Marín incluído entre cidades como Vigo, Ourense ou A Coruña; para poderreunir aos 16 mellores freestylers galegos.

Eles  serán  os  que  se  enfrentarán  o  2  de  abril  en  Briz: Acrox,  Adriano,  Berros, Crespo, Dyru, Hastro, Hombre P, Hugo, JDR, Jota, LE33, Lil Manin, Ruvix,Sozat, Tripo e VR.

Os dous gañadores, poderán clasificarse para a final nacional da General Rap Alicante, que se celebrará o 13 de agosto, coa viaxe incluída. Esta competición estatal puntúa para o ranking de ascenso en segunda división de freestyle de España.

Os  xuíces  serán  o  propio  Basti  e  outro  marinense,  Polo;  Hero, de Pontevedra; Yosua, de Lugo eXenxo, de Ourense. Entre as batallas, haberá tamén concertos de MKP e Gesto Feo.

Pola súa parte, o concelleiro quixo destacar o orgullo que é para Marín “acoller este tipo de eventos,sobre todo despois das boas experiencias que tivemos coas peleas de galos nas que colaboramos noutras ocasións, como a do Marín Gaming Fest, que foi un éxitode participación tanto de público como de freestylers”.

González anima a todos a participar e vir desfrutar do mellor freestyle galego, incluso para xente quenon coñeza esta disciplina.

WEBS ASOCIADAS

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados