A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, xunto coa
vicepresidenta da Federación Galega de Atletismo, Esperanza Meilán, e o
representante do Club Mats, Ángel Torres, presentaron esta mañá no Concello o
Campionato Galego Absoluto de Taekwondo, que terá lugar o 15 de xaneiro no
Pavillón da Raña.
Con todas as inscricións pechadas e as miradas postas nas tres estrelas locais, Iván
García, Sergio Troitiño e Arlet Ortiz, o evento acollerá a cerca de 100 participantes
procedentes de 22 clubs de toda Galicia. É a primeira vez que se fai un
campionato a nivel autonómico desta disciplina na nosa vila desde o 2016.
O evento será de 09.00 a 14.00 horas e e contabilizará para o ranking galego RG8.
A entrada será gratuíta.