Formacións sobre adiccións para familias con fillos e fillas en idade escolar.
A educación na infancia e na mocidade sempre é difícil e no mundo actual existen determinadas situacións e riscos que é preciso afrontar con ferramentas didácticas que axuden ás familias.
Por iso, o Concello quere poñer o seu grao de area, para o que se creou o ciclo de conferencias “Charlando en Familia”, organizadas xunto coa Fundación Érguete, que o próximo 23 de outubro terá a súa primeira entrega.
“Que debemos saber as familias sobre o alcohol?” é o título desta charla, na que se pretenderá enseñar aos pais e nais a convivir con esta substancia de tal forma que aos seus fillos e fillas non lles perxudique, ensinándolles a tomar decisións, a protexerse, a responder ante situacións de presión e risco con determinación, personalidade e criterio.