Festa da Sidra e da Mazá
Fecha
06/10/2023 - 08/10/2023
Hora
De FESTAS

A Festa da Sidra e da Mazá volverá ser a maior festa gastronómica de Marín esta fin de semana. Os concelleiros Pablo Novas e Marián Sanmartín acompañaron á nova comisión de festas que se fixo cargo da organización da festa, con Julio Riobó á cabeza, que xa no seu día formou parte da posta en marcha do evento.

Na presentación, na que se penduraron as tradicionais mazás no local que ten a asociación no Campo de Fútbol de Santomé, tamén estivo presente o anterior presidente da comisión, Manuel Domingos, así como o presidente honorífico da festa, Manuel Nores.

A programación non dará cabida ao descanso. O venres actuarán ás 22.00 horas os grupos De Canhas e Disco Euphoria. O sábado, ás 10.00 horas abrirán os postos de venda de sidra, mazá, artesanía… e ás 12.00 horas haberá xogos populares.

Pola tarde, xa será o momento da XII Carreira Popular Pinga Pinga, con premios para os participantes, e ás 19.00 horas haberá unha xuntanza moteira, para rematar ás 21.00 horas con chocolatada de balde. Ás 22.00 horas xa será o momento da verbena coa Orquesta Foliada de Ases e o DJ Rubén.

O domingo, ás 12.00 horas haberá unha Xuntanza Cabalar e ás 13.00 horas amenizará a sesión vermú a charanga Os Jalácticos. Ás 13.20, lectura do pregón a cargo de Lois González Dopazo e ás 17.00 horas, gimkanas, con carreiras de ponis e burros. E finalmente, ás 21.00 horas, actuación do Trío Tic Tac.

Anterior Marín Gaming Fest

WEBS ASOCIADAS

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados