I Xornada Enfermidades Raras
Fecha
01/03/2024
Hora
17:00 - 20:00
Localización
Multiusos Plaza de Abastos
De CULTURA

A Asociación No Estamos Solos, conformada por familias con nenos e nenas con enfermidades raras, organiza para o 1 de marzo no Multiusos da Praza de Abastos de Marín, de 17.00 a 20.00 horas, un día no que buscan visibilizar e normalizar unha realidade para a que precisan comprensión e apoio por parte de toda a sociedade.

Esta día pretende ser unha razón para poñer o foco sobre a necesidade de acompañamento que teñen os nenos e nenas que padecen algún tipo de enfermidade rara e que normalmente pasan por un proceso de difícil adaptación ao seu entorno, que debe arroupalos e axudalos.

O obxectivo da xornada é que haxa xogos inclusivos e que os máis pequenos desfruten dun día de ocio en común, á vez que se visibilizan as súas dolencias e se clama por máis investigación neste eido.

Anterior Táctica Local, formación autónomos e pemes

WEBS ASOCIADAS

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados